Parece incrible que non teñamos noticias de Otero e os seus. Pasou case unha semana dende que a Voz publicara a ruptura de goberno de ACE. Dita ruptura viu motivada en gran medida pola reorganización de goberno que Clara Millán fixo en Urbanismo. Mariano Abalo tivo que deixar a concellería, pero deron un prazo de tres meses para solventa-lo que segundo eles era un erro do BNG. O non retractarse ACE rompe co pacto tripartito.
Curiosa a situación que se vive no outro partido do tripartito. O PSdG de Cangas leva toda a semana sin decir nada. Pero o que é peor, a Tomás (edil que sustitúe a Docampo, aquel crack que se deu conta que o do Concello de Cangas era peor do que imaxinaba) a alcaldesa tamén lle quitou a concellería de Medio Ambiente. Pola contra Otero e os seus non respaldaron o seu compañeiro.
Agora a pelota está na casa do PSdG pero non queren xogar, prefiren manterse fóra do campo de xogo, así aseguran un empate, e por suposto, nin se desgastan nin se cansan. O problema é que inda non vin un partido que se gañara sen xogar, a non ser partidos que se ganan nos despachos de Madrid.
Otero esperta!!!!



O CIM exise o fin de topo tipo de declarasións fóra de tono dos concelleiros nacionalistas do BNG cangués. Santamaría e Oscar Graña están a quentar as masas. E pedimos que sexa a propia alcaldesa a que condene a violensia da juardia sivil as vesiñas e vesiños de Canjas, que sufriron a dureza das represións dos descerebrados. Non estamos dispostos a ser un mero espectador máis, exisimos que o BNG e o PSdG condenen de inmediato todo tipo de violensia.
Comentarios recentes