MESA POLA NORMALIZACIÓN DO LIKOR KAFÉ

29 03 2007

absolutlicorca.jpgDespois de numerosas xuntanzas con amigos, devanceiros do humor, (ou como di un “coleguitas del humor”), familia e compañeiros, decidimos un bo día a creación dunha: Mesa pola Normalización do Licor Café. Pensamos que o tema está un pouco esquencido dos programas electorais dos diferentes partidos políticos, e crendo nós que é de vital importancia para a saudade galega, presentaremos a continuación o boceto do que en pouco será o Estatuto de Normalización do Licor Café. Mentres esta Mesa Pola Normalización do Licor Café recórdavos que:

TÍTULO PRELIMINAR:

ART 1.- Esta Mesa pola Normalización polo Licor Café foi creada, como non o redor dunha mesa galega e cun “LICOR CAFÉ DA ABUELA”, quedando como testemuñas presenciais, unha botella vacia que pon nunha etiqueta escrita a man: “licor café”.

ART 2.- Galicia constitúese como un estado social a partir do LICOR CAFÉ, fundamentándose neste como elemento socializador máis importante da sociedad galega actual, pasada e futura.

ART 3.-O artigo 2 queda totalmente fudamentado pola falta de conflictos bélicos en terreo galego nos últimos 2000 anos, xa que quitando as Revoltas Irmandiñas (anos nos que o LICOR CAFÉ estaba en propiedade da nobreza), non existen referencias claras de violencia no noso Estado. Manténdonos sempre o marxe de diferentes acontecementos gracias a nosa poción.

ART 4.-O LICOR CAFÉ expresa a pluralidade e a igualdade de tod@ galeg@, que ante él todos somos iguais.

CAPÍTULO PRIMEIRO, PRINCIPIOS XERAIS:

ART 5.-Tod@ galeg@ ten dereito a ter unha botella de LICOR CAFÉ no moble bar, no seu defecto no refrigerador, e ademáis a ter unha segunda botella, “de por si acaso” gardada na bodega.

ART 6.-Tod@ galeg@ ten dereito a tomar LICOR CAFÉ en calqueira circunstancia, non sendo sancionable o exceso de cafeina.

ART 7.-Tod@ galeg@ ten dereito de coñecer e usalo LICOR CAFÉ con fins mediciñais, inda que non esté prescrito por matasáns algún.

ART 8.-Tod@ galeg@ ten dereito a xuntarse c@s amig@s e abrir unha botella crianza de LICOR CAFÉ.

ART 9.-Recordar vellas batallas non será delito entre os amig@s se existe unha ou varias botellas de LICOR CAFÉ na mesa.

ART 10.-Quen dixo que o LICOR CAFÉ non vale para os botellóns está totalmente equivocado.

ART 11.-O LICOR CAFÉ, pode ser recetado como inhibidor do sono, fantástico para conducir por pistas sen asfaltar.

ART 12.-Toda apoloxía contra o LICOR CAFÉ será sancionable por decreto ley.

ART 13.-O galego é o que come e o que bebe, por iso o LICOR CAFÉ será parte da dieta de todo galego.

ART 14.-A CREMA DE ORUXO non substitúe en ningún caso o chupito de LICOR CAFÉ.

TRATADOS INTERNACIONAIS:

ART 15.- O LICOR CAFÉ será o noso embaixador, reducindo gastos de persoeiros inútiles.

ART 16.- O LICOR CAFÉ non será utilizado en contra da vontade d@ galeg@, polo que queda por plebiscito nacional acordado un referendum nacional, para a utilización do LICOR CAFÉ en todo acto social exterior.

DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS:

ART 17.- No caso de festas populares galegas, como O Mundo Celta de Ortigueira, Catoira e os Vikingos, a Romaria de Darbo e a Festa Medieval de Ribadavia permitirase a utilización do LICOR CAFÉ de forma dobre, é dicir, sempre podremos beber duas onde bebiamos unha, invitar a duas cando invitábamos a unha e levarnos duas cando levábamos unha.

Cris e Walter


Accións

Información

6 respostas

29 03 2007
pepe penas

O teu post faime lembrar o licor café que facía a miña avoa, todolos anos o dia de Santa María preparaba a súa botelliña e fillos,netos, noras e veciños botaban uns grolos da sua menciña. Tamén me lembro dun bar, en Santiago na Rúa do Villar, que lle chamaban Bar Sobrino e que tiña un licor café que semellaba dinamita, pola forza que tiña; chamabasmolle saltaparapetos e tamén tumbadios.

3 04 2007
Barnikel

Moi bo, moi bo, ¿ónde hai que asinar?

4 01 2008
Miguelinho

Moi bo Estatuto, si señor. Noraboa por el.

Se se me permite eu só lle engadiría, no marco dos tratados internacionais, o que podería ser o Artigo 17: “a obriga a todo galeg@, que visite a un galeg@ no exterior, de agasallar a este último cunha botella -como mínico- de licor café do país.” Cunde moitísimo e dura cando estás bastante tempo fóra.

Saúde.

4 01 2008
Miguelinho

Dura pouco quería dicir antes.

4 01 2008
waltinho

Será engadido, tan pronte como se xunten as bases constituintes. Xa sabes neste mundo de burocracia vai lento, pero asegúroche que intentarei que se chegue o consenso neste punto número 17

4 11 2008
Carlos Movilla

Encontreime con esta web buscando por google cousas sobre o licor café, e quero comunicarvos que me tomei a licencia de divulgalo noutra páxina, sempre mencionando de onde sae. A páxina está en Facebook, e é un “clube de fans” do licor café, que creo que poderedes encontrar buscando Licor Café dentro das páxinas de productos na citada páxina.

Espero que non vos pareza mal, xa que o fixen sempre querendo apoiar a vosa nobre e necesaria causa. Vémosnos por “Caralibro”, como lle chamamos nós, para que vos unades coma fans de esta maravillosa brevaxe.

Deixa un comentario