
É curioso somos conservadores, pero para o que queremos, por que arquitectónicamente falando somos, non sei como definilo diplomáticamente,…, “simplemente diferentes”. O estilo arquitectónico galego foi mudando cos anos, ata converterse en algo indescriptible. “Pero que lle vamos faser”, resposta por outro lado moi galega, co cal aceptamos a nosa forma de ser, desculpando e perdoando os nosos veciños, cos cales nos levamos a morte por causa como non dos marcos.
Por exemplo, existen varias leis non escritas para facer unha casa en Galicia, o primeiro é máis importante é carecer de licencia de obra, ou en caso de tela por ser familiar do alcalde, é indispensable intentar joderlle uns metriños o veciño (en moitos casos estamos a falar duns centímetros de merda, pero bueno se llos jodemos sentirémonos como Dios).
Tras este primer paso, que rara vez saltamos ou esquencemos de facer, ven outro paso moi moi importante, non ter en conta a arquitectura popular ou cando menos a arquitectura máis cercana a nosa futura casa. Así podremos atopar unha casa estilo románica, (identificable pola austeridade, e tan austera que carece de man de pintura, é decir, cemento, cun jalpón para gardalo coche), o lado de outra de estilo gótico (catro pisos para arriba, como buscando o sol, todo rematado nun jalpón, este que non falte, onde tendela roupa). Os diferentes estilos arquitectónicos galegos, foron definidos moi ben por Carlos Blanco, o cal tamén aludía o estilo barroco galego, do cal non quero lembrarme agora, por que xa vos imaxinades do que estemos a falar. “Pero que lle vamos faser, o chaval apetesíalle unha casa diferente”, seguramente o que non lle apetecía era terminala casa, polo menos, pinta a casa, por favor.
Outra lei non escrita que fomenta a moderna arquitectura galega, é a lei da “extensión máxima”, é decir, facer a casa o máis preto da estrada. Esto débese a duas cousas: a primeira a falta de Plans Xerais nos municipios galegos, e a segunda, a máis importante e a da que ninguén fala, se metemos a nosa casa encima da estrada, cando queiran ampliala estrada, jaja, “téñennos que pajar unha indemnisasión”.
Sen lugar a dúbidas hai moitas máis leis, pero quero reparar nunha especialmente, da cal non oimos falar moito, esta é o aprobeitamento de chan público para meter as escalas de acceso a nosa casa. Explícome, na beirarúa colocamos un par de peldaños, seguindo a primeira das leis, “joderlle o vesiño uns centímetros de merda”, co fin de sentirnos realizados con nós mesmos e cos nosos veciños, que se extranarían se non intentásemos facer algo deste estilo, e podrían denunciarnos por calquer tontería, moi típico en Galicia. “Pero que lle vamos faser, se total por medio metro” Medio metro que non e seu señora!, esa beirarúa parece un contínuo salto de obstáculos. A lei do aprobeitamento do máximo espazo, chega ata límites insospeitados, senón observen a foto da cabeceira, unha farola é absorvida por un clásico inmoble nun municipio de Ourense.
Por último e para rematar quero falar da “alma mater” do feismo galego, facendo un recoñecemento especial, os urbanistas, (eses homes que brillan pola súa ausencia), os plans xerais,(as leis que nunca viron a luz, a ordenación espacial dos concellos,(as previsións urbanísticas, (sen as cales no seríamos quenes somos), a anarquía dos concellos, etc. E sobre todo, facer un especial recoñecemento a todos eses homes que enriquecéndose gracias o seu posto de Concelleiro de Obras, non tivo a delicadeza de facer polo menos unha casa bonita, a súa.
Comentarios recentes