FEISMO GALEGO.- “QUE LLE VAMOS FACER”

23 04 2007

feismo.jpg

É curioso somos conservadores, pero para o que queremos, por que arquitectónicamente falando somos, non sei como definilo diplomáticamente,…, “simplemente diferentes”. O estilo arquitectónico galego foi mudando cos anos, ata converterse en algo indescriptible. “Pero que lle vamos faser”, resposta por outro lado moi galega, co cal aceptamos a nosa forma de ser, desculpando e perdoando os nosos veciños, cos cales nos levamos a morte por causa como non dos marcos.

Por exemplo, existen varias leis non escritas para facer unha casa en Galicia, o primeiro é máis importante é carecer de licencia de obra, ou en caso de tela por ser familiar do alcalde, é indispensable intentar joderlle uns metriños o veciño (en moitos casos estamos a falar duns centímetros de merda, pero  bueno se llos jodemos sentirémonos como Dios).

Tras este primer paso, que rara vez saltamos ou esquencemos de facer, ven outro paso moi moi  importante, non ter en conta a arquitectura popular ou cando menos a arquitectura máis cercana a nosa futura casa. Así podremos atopar unha casa estilo románica, (identificable pola austeridade, e tan austera que carece de man de pintura, é decir, cemento, cun jalpón para gardalo coche),  o lado de outra de estilo gótico (catro pisos para arriba, como buscando o sol, todo rematado nun jalpón, este que non falte, onde tendela roupa). Os diferentes estilos arquitectónicos galegos, foron definidos moi ben por Carlos Blanco, o cal tamén aludía o estilo barroco galego, do cal non quero lembrarme agora, por que xa vos imaxinades do que estemos a falar. “Pero que lle vamos faser, o chaval apetesíalle unha casa diferente”, seguramente o que non lle apetecía era terminala casa, polo menos, pinta a casa, por favor.feismo-romanico-gotico.jpg

Outra lei non escrita que fomenta a moderna arquitectura galega, é  a lei da “extensión máxima”, é decir, facer a casa o máis preto da estrada. Esto débese a duas cousas: a primeira a falta de Plans Xerais nos municipios galegos, e a segunda, a máis importante e a da que ninguén fala, se metemos a nosa casa encima da estrada, cando queiran ampliala estrada, jaja, “téñennos que pajar unha indemnisasión”.

Sen lugar a dúbidas hai moitas máis leis, pero quero reparar nunha especialmente, da cal non oimos falar moito, esta é o aprobeitamento de chan público para meter as escalas de acceso a nosa casa. Explícome, na beirarúa colocamos un par de peldaños, seguindo a primeira das leis, “joderlle o vesiño uns centímetros de merda”, co fin de sentirnos realizados con nós mesmos e cos nosos veciños, que se extranarían se non intentásemos facer algo deste estilo, e podrían denunciarnos por calquer tontería, moi típico en Galicia. “Pero que lle vamos faser, se total por medio metro” Medio metro que non e seu señora!, esa beirarúa parece un contínuo salto de obstáculos. A lei do aprobeitamento do máximo espazo, chega ata límites insospeitados, senón observen a foto da cabeceira, unha farola é absorvida por un clásico inmoble nun municipio de Ourense.

Por último e para rematar quero falar da “alma mater” do feismo galego, facendo un recoñecemento especial, os urbanistas, (eses homes que brillan pola súa ausencia), os plans xerais,(as leis que nunca viron a luz, a ordenación espacial dos concellos,(as previsións urbanísticas, (sen as cales no seríamos quenes somos), a anarquía dos concellos, etc. E sobre todo, facer un especial recoñecemento a todos eses homes que enriquecéndose gracias o seu posto de Concelleiro de Obras, non tivo a delicadeza de facer polo menos unha casa bonita, a súa.





MORRASO QUINTA PROVINSIA!!

23 04 2007

paintball.jpg

“NÓS NUNCA PASAREMOS POR VIJESES”- (jerrilleiro do Morraso) 

 O C.I.M. (Comando Independentista do Morraso) volve a cargar unhas  duras acusasións o consello de Vijo, o cal declaran como verdadeiro culpable da desjrasia da desnaturalisasión que están a sufrilas nosas costas, nas suas propias verbas aludiron aos representantes munisipais disindo: “Nós nunca pasaremos por vijeses, que se olviden da área metropolitana, me cajo no carallo, a  ver se ajora vamos a declarvos-aludindo a Vijo-área metropolitana do Morraso.”

Esta sejunda rolda de prensa volve a estar carjada dun ambiente máis que hostil, “a tensión pódese cortar con navalla“, é a propia definisión que da un dos paramilitares. Desta ves, tivemos a sorte de coñeser aljo máis sobre quenes compoñen o CIM, datos espectaculares que fasilitan o traballo de Sia Ocioloxia, o noso jrupo de investijasión. As fontes que barallan os nosos reporteiros e invetigadores, asejuran que tras consultar diversas e moi diferentes fontes, estase a corroborar que máis do 80% dos intejrantes do Comando Independentista do Morraso son de Canjas, dato que por outra banda tampouco nos sorprendeu, xa que fora das nosas fronteiras, sejen a pensar que en Canjas os dominjos vamos o Alto da  Magdalena a talar arkaliptos e botalos no medio da estrada co fin de combater o aburrimento.

Por outra banda estase a investigar sobre a verdadeira identidade de “Manolo do Sacho“, presunto lider espirituoso, que “tras anos de loita e jerrilleando co Demo se fasía falta, me cajo na víctima” (verbas dun jerrilleiro na rolda) deixou a actividade jerrilleira e adícase a alentar os seus lanzando premisas, loubanzas e outro tipo de menxases que nos recordan a Jerra Santa musulmán, co fin de que o ánimo dos seus non decaija, e que a luita continúe ata conseguilos obxetivos que persijen (que inda non están moi claros).

Para rematar a notisia de hoxe, desir que Sia OcioloXia está a investijar as ligazóns cas que colaboura  o CIM, pensamos que existen claros lazos de afinidade entre diferentes jrupos paramilitares da Península Ibérica, sospeitamos que Murcia pode ser unha das rexións cas que o CIM está a colabourar. A nosa sospeita ven predeterminada porque as duas roldas de prensa dos jerrilleiros do Morraso remataron da mesma forma: “Me cajo na cona que vos votou, me cajo no carallo que fecundou a túa nai, me cajo no mundo de Dios bendito, Forsa o Morraso, Forsa Mursia“ De todos modos, sondes sabedores que ninjunha notisia sen estar totalmente confirmada sería volcada neste espazo, polo que ata ter a total sejuridade só plantexamos a nosa dúbida metódica o ijual que o fixo Descartes no seu día. 

A imaxe que mostramos é a do Jrupo Jerrilleiro nun duro día de entreno, ben se lles ve na cara que son xente perigosa, que non se andan con “caralladas“, eles mesmos falan de si mesmos como “dinamita con mecha curta, temos pouco ajuante, sabes?!”