Dende fai ben tempo veño seguindo o inexorable avance dunha das rúas do meu pueblo. Quizáis rúas como estas existen en todos os pueblos, quizáis teñades unha en Verín ou en Ortigueira. O caso é que eu non vin en ningún outro lugar rúa como a qeu temos nós. Xa sabedes que os de Cangas gústanos presumir de pobo, e agora quero darlle un motivo máis os meus conveciños para que poidan seguir presumindo de vila.
E é que non todos os pobos do mundo poden decir que teñen A Peor Rúa do Mundo, esto pode convertirse nun atractivo turístico, como un desafogo a todas esas praias que están ateigadas nos meses de xullo e agosto. E para que os turistas de inverno poidan ver algo máis que porto deportivo. Agora podrase crear un posto de traballo municipal como guía da “Rúa Seixo, A Peor Rúa do Mundo”. Xa o estou vendo: “Aquí a dereita a inexistente beirarúa, pero se vedes cara o outro lado veredes como tampouco hai beirarúa!” Entonces: “ohhhhh, ohhhh!” dos turistas, bocas abertas de sorpresa por que inda existan cousas así neste mundo que chamamos civilizado, e os ruidiños das cámaras fotográficas para cando volvan o seu lugar de orixe, Torrelavega, Alcorcón ou Soria, poidan mostrar os seus amigos e familiares que efectivamente esa foto é a testemuña de que estiveron na peor rúa do mundo, ( do mesmo xeito que lle insinaron a foto das góndolas cando foron a Venecia ou a foto do bus de dous pisos cando estiveron en Londres)
O guía podrá seguir decindo, “Aquí vendes unha típica construcción da terra galaica, austeridade e monocromía, efectivamente, estamos ante un románico galego dos anos 60 ou 70, pode que incluso tamén sexa dos 80 ou dos 90“. Os turistas ensimesmados optan entón por facer a foto artística. Si señor, pídenlle a un dos seus compañeiros de ruta que lles saque unha foto (que normalmente sae movida, descentrada, borrosa, ou na que os corpos aparecen cortados pola metade, inda que agora co das cámaras dixitais este tipo de delitos fotográficos está a desaparecer, menos mal que existiu un Robert Kappa) Entón terán o típico recordo do seu paso por Rúa Seixo, A Peor Rúa do Mundo, saindo eles mesmos fotografiados.
Nese mesmo instante aparece Braulio “O Pito”, que naceu cunha extrana habilidade, coñecer os turistas dende 200 metros, entón achégase xunta deles para darlles unha pequenas nocións que o guía descoñece. Cun intento algo desafortunado de falar castelán, Brauilo O Pito, como é coñecido no bar pola súa facilidade para chimpar claretes de dous en dous, empeza a falar: “Aquí nacín yo, efectivamente eran tempos difíciles, pero ahora mirar, que casa fixen con mis propias manos” Braulio O Pito, orgulloso do seu patrimonio, e sempre cuns viños de máis, foi moi coñecido por inventar frases como a de “unha sen aire Quini” (un vaso de tubo cheo ata arriba de viño, Joaquín) ou outras frases como “chalanas a ría” (nun plato de ensalada mollar o pan no aceite e vinagre). Braulio O Pito vaise como viu, derrepente e sen deixar rastro, é quizais outras das súas magníficas cualidades.
Os turistas falan do autóctono, e dun estrano vocablo que soltou mentres se perdía polo horizonte Atalojo jodechinchos” (Adeus turistas). Ignorando o significado completo de moitas das frases indescifrables, cheas de filosofía mariñeira e de taberna, por que non decilo?! O guía xa estaría medio mosqueado polo protagonismo que lle quita Braulio O Pito todolos días, e é que non hai nada pero que interrumpir, saber máis ou por en dúbida calquer cousa que diga un guía, parece que son como a Biblia, non se equivocan nunca.
Aquí temos unha foto de Braulio O Pito, cando foi campión do barrio, a súa “única vez que gañou algo, por que nin na tragaperras” como dixo el mesmo conseguira gañar algo.











Comentarios recentes