Existe unha característica común a case tódalas construccións do feismo galego, unha característica que non escapa a ningún dos diferentes estilos arquitéctónicos galegos, unha característica que é capaz de saltalas dificultades xeográficas para asentarse en tódolos recunchos da Galicia. De quen estamos a falar? DO JALPÓN MADE IN GALICIA COUNTRY.
O jalpón é unha construcción feita o cen por cen en Galicia, inventada por galegos, e creada por galegos. O jalpón é a razón de ser dunha casa. Senón lean o seguinte exemplo.
Imaxinen unha casa sen pintar (se non tes moita imaxinación, abre a ventana da túa casa, e olla o redor, seguro que tes algunha), cas fiestras en aluminio e unha parella de galegos feténs falando na porta da casa (un metálico delimita o privado do público). Entón ela lle di a el:
- ”Eu creo que che falta aljo, non sei tes a casa a medias”
-”Si, xa lle dixen o meu cuñado que trouxera unha uralita”
-”E que sen jalpón,…, a ver onde coljas a roupa”
Entón despois de escoitar esta conversa entendín todo. O secreto estaba en ter un lugar onde a roupa seque o máis rápido posible. Facer un efecto invernadoiro (in da sego pensando que somos os galegos os que máis apoiamos este cambio climático). Todo isto me trouxo os miolos o recordo dun exemplo único, o jalpón levado o seu máximo esplendor. Unha casa no meu pobo, na que a típica casa de patín, moi típica nos cascos vellos das Rias Baixas, convertiuse toda ela nun jalpón, en pleno centro.

Comentarios recentes