FESTIVAL DE CANS

12 05 2007

festival-de-cans.jpg

O Festival de Cans, o festival galego de curtas, pasa este ano pola súa cuarta edición. Sempre coincidindo co seu homónimo, O Festival de Cannes, é a presentación das curtas galegas máis orixinal do país. Os chimpibuses, son o medio de transporte público de Cans, a tortilla, empanada e chourizo a comida e as cañas a un euro o seu reclamo. As curtas son reproducidas nas casas e baixos dos veciños da parroquia, contando tamén cun jalpón friki, no cal tamén se emiten películas. Este ano teremos a oportunidade de achegarnos a esta parroquia do Porriño, para volver a pasar un fin de semana innolvidable. Aexcusa ver as curtas galegas, para pasar un finde semana con actuacións de música, humor e espectáculos, e como non cine, cine e máis cine. Este ano a programación do festival é a seguinte: (programa baixado da web oficial, www.festivaldecans.com)

Programa do Festival

Xoves 3, 10 e 31 de maio
No Centro Cultural Municipal do Porriño

Canódromo: ciclo de cine con longametraxes feitas con pezas curtas.
Xoves 3, 21:00 h. “11 de setembro”, de varios autores.
Xoves 10, 21:00 h. Pase especial de “De bares”, de Mario Iglesias, coa presenza do director.
Xoves 31, 21:00 h. “Coffee and cigarettes”, de Jim Jarmusch.

Venres 18 e sábado 19

Festa do Cine: nos locais ambientados segundo películas de cine.
Nos locais de Espacio Noite

Mércores 23
Xornada especial para @s veciñ@s de Cans

21:30 h. Documental “Día de ramo”, un retrato da parroquia de Cans.
22:00 h. Curtametraxe “As farolas”, de Abelardo Rendo.
Sesión amenizada por Moncho e a súa Armónica e convidados especiais.
No Baixo do Bar Moncho, Cans

Xoves 24
No Porriño

Proxección da longametraxe “Abrígate”, de Ramón Costafreda
21:00 h. Actuación de Uxía, que interpretará temas da B.S.O. do filme.
22:00 h. Pase de “Abrígate”.
Círculo Recreativo Cultural do Porriño.

00:00 h. Concurso de Videoclips.
01:00 h. Sesión musical a cargo de Juan de Pablos (Flor de pasión, Radio 3)
Pub Tubulart.

Venres 25
En Cans

21:00 h. Proxección de “Só concertinas”, documental musical de Víctor Coyote.
20:00 h. Proxección de “Gritos en el pasillo”, de Juanjo Ramírez.
Longametraxe de animación de terror realizada con cacahuetes.
No Baixo do Bar Moncho

Noite de Estrea
22:00 h. Proxeccións:
● Videoclip gañador do concurso.
● “Os Cans de Lobato”, montaxe fotográfica de Xurxo Lobato sobre a edición anterior.
● Varios trailers de producións audiovisuais que se estrean nos próximos meses.
22:30 h. Entrega dos chimpíns de plata a un veciño e unha persoa do audiovisual pola súa colaboración co festival: o artesán Paco Candán e a actriz Teté Delgado.
22:45 h. Entrega do premio de honra Pedigree’07 a Antón Reixa.
23:00 h. Concerto de Víctor Coyote, Pablo Novoa e grupo de bombos Os Bravos de São Vicente
23:30 h. Concerto de The Ellas
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)

Sábado 26

11:00 h. Apertura da Can Parade
Nas leiras de Cans

12:00 h. Coloquio na Leira: Tristán Ulloa.
13:00 h. Sesión Vermouth: charanga The Turres Band.
No torreiro de Cans

13:30 h. Procesión de chimpibuses amenizada por The Turres Band.
16:00 h. Ponse en marcha o servizo de chimpibuses.
16:30 h. Inicio das proxeccións nas salas a concurso e no “Jalpón friki” (entrada gratuíta).
19:00 h. Intermedio. Actuación de Toni Lomba e Elio dos Santos.
20:30 h. Reanúdanse as proxeccións.
23:00 h. Entrega de premios.
23:30 h. Concerto fin de festa con Festicultores.
No torreiro de Cans

01:00 h. Festa do Cine
Nos locais de Espacio Noite (O Porriño)

Mércores 30:

22:00 h. Proxección das curtas gañadoras do Festival.
Bar Liceum. 





JALPÓN

12 05 2007

imagen026.jpg

Uns exemplos de Galicia a terra do Jalpón.

Se tendes algún que vos gustaría que fora publicado neste espazo non dubidedes en mandarmo o correo electrónico (walteralonso@hotmail.com). Estes jalpóns, cubertos ou como cada un queira chamarlle, foron fotografiados na tarde de onte no meu pobo, Cangas. Seguirei facendo de paparazzi para todos vós, mentres segan existindo estes delitos visuais e arquitectónicos.

imagen022.jpg