Dende fontes moi cercanas o C.I.M. (Comando Independentis do Morrazo) fixéronnos chegar unha serie de medidas que serán de “primeira necesidade para entendernos cos diferentes axentes socio-políticos”. Entre ditas medidas, o CIM, exise a anexión inmediata das Illas Cies e de Vilaboa dentro da denominada Quinta Provinsia.
Ditas anexións son de especial interese polo seu lugar estratéxico, aludindo a fins econímicos, sociais e culturais. Ademáis serán cuestións indiscutibles para “un bo entendemento entre as partes”.
Co fin de facer ditas peticións máis didácticas, o propio Grupo de Liberación, fíxonos chegar un panfleto que penso que será do interese de todos, podéndose facer eco nos diferentes xornais locais.
Entendemos que dita proposta pode ser de vital importancia para o desenvolvemento dos diferentes pactos políticos que se están a facer en tódolos municipios da Ría de Vigo e boa parte dos da Ría de Pontevedra. Dita imaxe que nos foi enviada carece de máis información, polo que de momento evitaremos face máis valoracións para non incurrir nunha subxetividade que poida mermar a importancia da noticia.

Comentarios recentes