CONCERTO ANTIFEIXISTA (Cangas) 25/08/07

30 07 2007

O sábado 25 de agosto está previsto qeu se leve adiante o Concerto Antifeixista, tendo luagar as 22:30, pero con actuacións dende as 19:00. O lugar, como é habitual, será  o Local Social de Reboredo, da man da Asociación Cultural da Tiradoura. Os grupos que estarán o vindeiro día 25 en Reboredo serán: A TUNA RASTAFARI, MOTOR PERKINS, SOAK e TANGANA SHOW.

O concerto será de balde e podredes colaborar ca organización consumindo na barra da asocición bebendo e comendo por prezos razonables. Tamén se reservan unha actuación sorpresa a partir das 19:00.





XXIII INTERCÉLTICO DE MOAÑA

27 07 2007

Chega o verán e unha das datas sinaladas no almanaque é o Intercéltico de Moaña, que este ano cumpre o seu vintetrés cumpreanos. O festival terá lugar os días 3, 4 e 5 de agosto coincidindo como é frecuente co fin de semana.

Este ano o festival contará ca actuación de dous grupo vascos e un asturiano, ademáis da actuación de grupos galegos. Para máis información podredes pasar pola páxina do intercéltico qeu está moi completa, onde tamén podredes botar un ollo as actividades paralelas que se ofertan neste festival.  http://www.festivalinterceltico.com/





MORRASO QUINTA PROVINSIA

26 07 2007

Dende os diferentes emprazamentos estivais que elexiron os integrantes do CIM (Comando Independentista do Morrazo), deron un comunicado “veraniegho” para todos os veraneantes nos diferentes concellos da “nosa provinsia”. O grupo paramilitar optou por enviar diferntes manifestos,  entre os cales a correlación e escasa ou incluso nula, é decir, cada un escribiu o que lle parecía ben. O primeiro en facernos chegar o comunicado foi Toñito Clarete, coñecido pola súa habilidade chimpando claretes de dous en dous. Elexiu As Cies para veranear, agóchese nos penedos e aliméntase de ovos de “ghaivotas”, que según poidemos entender xa atacaron en máis dunha ocasión o número dous do movemento independentista. Entre as liñas que escribiu podemos entender que está a prepararse militarmente, para elo, agochouse como diciamos nunha gruta na cara sur das Illas Cies, reducto morracense. Con el levou “unha caixa de mistos, un paquete de tabaco americano, unha navalla suisa, unha lata de samburiñas e unha botella de juiski de Coiro (augardente tostada)”

Por outra banda, o lider espiritual do CIM, Manolo “do Sacho”,  elixiu o facho para perderse e desconectar da axetreada vida que leva perante os meses de inverno, dedicado en exclusiva a lograla independencia do Morrazo, maiores cuotas de autogoberno e a integración das Cies e Vilaboa na comarca morracense. Manolo preferiu aloxarse en caso duns veciños de Donón, “auténtica vila de resistencia, qeu dende séculos viviu de forma totalmente autártica, e qeu por outro lado están a foder con tanto turismo e tanta historia”. Manolo é santo devoto do viño das ladeiras da Costa da Vela e dos percebes que recollen os homes nas pedras ennegrecidas pola forza do mar.

Outros integrantes do CIM como Javinho Treixadura  e Quico Follasverzas decidiron por outra banda ir xuntos de viaxe, máis en concreto de camping, cas súas mulleres e  fillos. Eles son os encargados da loxística do CIM, polo que se sobreviven nun típico camping morracense serán quenes de levar a diante a tarefa encomendada por Manolo. Para irse de camping levan duas tendas: unha iglú e unha canadiense, haber se son quenes de montalas e depois de recollelas e metelas nas suas respectivas fundas. Por outra banda tamén teremos en conta que levan toda a indumentaria necesaria para irse de camping: mesa (para oito personas), oito sillas (para oito personas), un camping gas, platos, tenedores e vasos (para oito personas), colchonetas, flotadores e xoguetes dos cativos.

Todos os integrantes do CIM coincidiron en sinalar que nestas vacacións O Morrazo será un campo de entreno para os seus integrantes, e que a final do verán teremos noticias deles. Esperando ese momento despedímonos dende Cia Ocioloxia

 

Sobre estas liñas un veraneante o ver a un dos integrantes do CIM





NOVECENTO. SEGUNDA FUNCIÓN. Venres 27

25 07 2007

O pasado martes 24 de xullo, tivo lugar na sala Salasón o estreno de Novecento, obre dirixida por Antón Ferrari e protagonizada polo xenial actor Mighello Blanco. O éxito foi absoluto, as entradas vendéronse en pouco tempo, quedando tan so unhas 2o entradas para recoller o mesmo día do espectáculo na taquilla. Tralo éxito estase pensando en dar outro pase o vindeiro venres, polo que todos aqueles que estedes interesados podredes tela oportunidade de vela obra. O prezo da entrada anticipada é de 4 euros, sendo de 5 euros en taquilla. 





FREETANGA E A TUNA RASTAFARI EN CONCERTO EN ALDÁN

25 07 2007

Con motivo das festas parroquiais de Aldán está prevista a actuación do extrovertido grupo musical FREETANGA e A TUNA RASTAFARI. A actuación está prevista no muelle da propia parroquia as 23:00 horas, inda que teremos máis actuacións antes dos concertos que pecharán as festas, onde tamén se celebrará a festa gastronómica de Aldán o vindeiro día 28 deste mes, onde se podrán degustar pratos típicos da zona como: mexilón, navallas, empanadas, viños,…

A Tuna Rastafari xa ten actuado en contadas ocasións na nosa comarca, sendo esta outra ocasión para poder velos de balde na compaña do grupo local, Freetanga. Fai poucas semanas tivemos a ocasión de velos xuntos na Asociación Cultural da Tiradoura, no seu local social de Reboredo. O concerto dos Freetanga é unha boa excusa para achegarse a esta parroquia chea de vida, sobre todo nos meses estivais, pero ademáis podredes presenciar un concerto cheo de crítica social, humor, historias da vila e ritmo a base de timbales. Os integrantes do grupo cangués aseguran en cada actuación festa e un espectáculo cheo de notas de colorido. Cada directo é unha incógnita, pero sempre predomina un ambiente festivo, contaxiando a enerxía que teñen no escenario o público. Que pasará mañá en Aldán? Eso non o sabremos ate velos no escenario. Non volo podedes perder.





YONI MEDIOGRAMO

25 07 2007

mediogramo.gif

Yoni MedioGramo é un espectáculo creado por Juanillo Esteban, el mesmo se define como un Bufón Urbano, facendo acopio de todas aquelas calamidades que suceden nunha gran vila. Sexo, drogas, e máis ben pouco rock&roll, son parte da  temática que desenvolve o protagonista encima do escenario, un monólogo cargado de inxenio e de vivacidade, no que de bo grado nos escarallaremos a rir.Temos a posibilidade de ve-lo espectáculo mañá pola noitiña, cara as 22:30 da noite no Pub con-ache, nun espectáculo que seguro que non deixará indiferente a ninguén. O local está en Seixo, e a entrada é de pago.

 





ARQUITECTURA POPULAR. 1ª PARTE

23 07 2007

Hai moitas formas de definila arquitectura popular galega, pero tan so unha forma de levala a cabo. Co pretexto de  resumir cales os condicionantes que se deben dar para poder falar de arquitectura popular, pensei que a forma de didactizar mellor esta extrana cultura galega, era presentando casos prácticos. Deste modo cada un pode sacar as súas propias conclusións. Cada caso práctico é totalmente independiente e pódense dar aillados ou seugidos. Para esta serie de casos aplicaremos a fórmula matemática “a orde dos factores non altera o producto”

CASO PRÁCTICO 1.- ESTÁN A CONSTRUIR O LADO DA MIÑA CASA.

A quen non lle construiron algunha vez o ladiño xusto da casa, e co fin de entreterse botou algúns minutos observando que ocurre na obra, e sobre todo o redor da obra. Seguramente estedes a pensar que o realmente importante é o que pasa no interior da obra, pois non, o fascinanate é o que se move fóra da obra.

Poñámonos en situación. Na obra da Rúa Pasadizo de Pernas (rúa existente na Coruña), un balado separa físicamente a zona habilitada para os obreiros e a zona habilitada para os “arquitectos“. Os arquitectos poden ser varios, non ten por que ser só un, a arquitectura popular galega serve de nexo de unión para moitos arquitectos frustrados, qeu por non tela oportunidade de estudar nunca puideron desenvolver a súa verdadeira vocación. Outra curiosidade é que son prácticamente todo homes, non sei moi ben porque, nin pretendo sabelo, xa que cheirame a outro caso de machismo encuberto. O lado do balado, todas as mañás a partir das 9:00, xusto despoís de que os obreiros empecen a  xornada, chegan e por iste orde: Pepiño “O Raposo”,  Faustino “Carballón” e Manoel “O Juapo”. Son os auténticos arquitectos do país, os que dende priemeira hora están dirixindo a obra e decindo “oes moso, ijual esa pedra ahí non vai ben, proba con isoutra!!” Dentro do gremio da construcción hai un gran respeto polo Trio Octogenario, como son coñecidos polos obreiros. Tanso dan un pequeno respiro cando toca a hora da chiquita, para o trio é o seu recreo, pero entre algúns sectores fálase dun intre no que se volven  a reorganizar, como se foxe un crime organizado. Piden cadansúa “tasa de viño” e entre sorbos e máis sorbos de viño falan do acontecido do outro lado do balado. “Como sijan con este ritmo non rematan nin pro nadal, lliso que teñen un chaval que moito traballa, pero claro, é o dos bocadillos…”

Señores non mo negarán, é incrible ver como se reorganiza cada mañá un verdadeiro espazo onde se loita contra o reuma,c ontra a artrose, e demáis enfemidades da vellez. O caso é que mentres están a vela obra non hai dores, non fan falta mediciñas e o máis curioso ninguén se sinte vello vendo unha obra, senón que se sinte arquitecto, e polo tanto útil nesta vida.

O balado físico tamén cosntitúe un balado mental, e igual que unha fronteira, que non só é unha liña divisioria física, senón que ademáis o traspasala liña, encontrámonos con culturas diferentes, xentes distintas, modos de vida que difiren en tan só uns poucos metros. O balado das obras, é por un lado reunificador, xa que rara vez os vellos discuten entre eles, rápidamente chegan a un consenso, “iso así non está ben, inda van ter unha desjrasia”. Por outra banda ten unha función de integración social da terceira idade, senón que ían facer todo o día os velliños, no momento que se acaba unha obra, pois vaise buscar outra onde botalo día. Na miña opinión está mellor isto que ser un enganchado as partidas de cartas e de dominó.

Por iso quero facer unha petición, a quen haxa que facela, quero que todos os balados do país teñan algunha abertura por onde poder botar un ollo, é decir, que poidamos seguir vendo o qeu acontece dentro, non queremos que os nosos maiores se escarranchen o lombo trepando polos muros para poder facer de “Arquitectos”





FEEL THE TRIP

23 07 2007

FEELTHETRIP é a referencia na música electrónica  no Morrazo. O colectivo non está formado só por xente da comarca, algúns dos seus integrantes son de fora, inda que a gran maioría dos mozos son de aquí. Entre os seus propósitos está difundi-la música electrónica da mellor forma que saben, pinchar e producir temas por todos os locales que lle den a posibilidade.

Moitos dos seus integrantes son residentes en discotecas, pubs e afters da zona. Un claro exemplo é Artus, integrante do colectivo, que ten a súa residencia no D2 os sábados pola noite, único local da zona na que podemos escoitar música electrónica un sábado de madrugada. De todas formas debemos salientar que teñen tendencias musicais moi diferentes entre eles, indo dende o house, minimal ata o techno ou o electro. Moitos amigos por toda a xeografía estatal, dende Andorra ata Ibiza ou Salamanca, o que fai que o colectivo comparta cartel con moitos dj´s de fama nacional.

Co proposito de  mundializa-los seus temas, FEELTHETRIP  creou un espazo en “myspace”:  http://www.myspace.com/feelthetrip, inda que a súa propia páxina permite descargar temas dos membros do colectivo, se querendes saber algo máis destes virtuosos dos samplers e dos vinilos podendes visitalo a súa páxina: www.feelthetrip.com 

Por último decir que FEELTHETRIP está detrás da posta en marcha dun ambicioso proxecto, que intenta promover a música electrónica e abrir eidos propios doutros estilos de música para que por un día se escoite algo diferente. Dito proxecto ven a complementar o proxecto municipal do Directo Xove, e chámase Electro XoveBotarlle un ollo o cartel onde podrendes ver cales son as actuacións previstas para este verán nos diferentes locais de Cangas.

 





NOVECENTO

19 07 2007

690-18756-a-novecentofinal88.jpg

NOVECENTO é o título da obra de teatro que será posta en escena o día 24 de xullo no Salasón, en Cangas. Abofé que é unha boa oportunidade para poder asistir a unha gran adaptación do guión orixinal da obra A lenda do pianista sobre o oceáno (filme que recomenda un amigo licenciado en Comunicación Audiovisual). Productora galega, dirección galega e o actor galego, e máis en concreto de Cangas. Miguello Blanco, protagonista da obra que será presentada en estreno o martes da próxima semana, é un actor local con traballos polo resto do país. Entre unha das últimas aportacións o cinema local, encóntrase a curtametaxe levada adiante polo Taller Audiovisual de Cangas, no que el encarna a un cura que se namora. Cando sexa posible pondrei a curta no youtube  e neste blogue, co fin de seguir difundindo a cultura e ocio do Morrazo.





TROULA NA BANDA 07

19 07 2007

Onte falabamos do festival de Moaña, e hoxe do festival que terá lugar en Bueu: TROULA NA BANDA. Esta será a súa sexta edición, e terá lugar o día  27 (venres)  nas pistas da Bando do Río en Bueu.Como cada ano será unha noite chea de música fresca, cargada de denuncia. Este ano os grupos invitados son os cangueses Soak, quenes abrirán os concertos, despois Karamelo Santo, que chegados dende Arxentina presentarán a súa formación con ritmos mestizos e por último os galegos Alto Voltaje, grupo de rock que seguro que non deixará indiferente a ninguén.

foto de troulanabanda en 9/07/07

Co fin de que teñades claro como vai ser este concerto, pásovos un par de videos para que vexades o que non vos podedes perder.

Para calquer cousa podedes pasarvos polo fotolog ou pola páxina de información da propia asociación que monta o festival.

http://www.fotolog.com/troulanabanda

http://wwwtroulanabanda.blogspot.com

http://www.troulanabanda.info