Este fin de semana celébrase outra edición do FESTICHAN, FESTIVAL DE MÚSICAS ITINERANTES CHAN D’ARQUIÑA. O Festival nace gracias a Asociación Cultural Patajullos, culpables de que cada ano Moaña teña un festival de seu, con grandes grupos do panorama nacional.

O festival e totalmente de balde, tanto concertos como a zona de acampada son zonas gratuitas, polo que a organización tan só conta cos ingresos das barras e da venta de merchandising, se te achegas polo festival, e queres que outro ano se repita, fai a túa pequena colaboración e consume nas barras da organización ou merca a camiseta do festichán 2007. Sen este tipo de colaboración un festival como este terá os seus días contados.
Por outra banda o Fesitchan na súa curta historia como festival conta xa cun importante pasado. Xa no 2004, cando comezou andar o proxecto, grupos como Orquesta Republicana ou Escorzo, pero ninguén esquence que Tio Calambres (Bebe) estivo ca súa caravana xitana o festival.
No 2005 Sonotones ou Betagarri, foron algúns dos pratos fortes, pero este foi o ano no que se introduce o funky ausente na primeira edición. Foi da man de Alcohol Jazz, banda que tivo o privilexio de introducir o funky no festival moañés. Por outra banda non podemos olvidar que todos os anos temos un representante de hip-hop, e este ano non iba ser menos.
No 2006 foi o ano que realmente se empeza a ver como aquel xerme nun outubro do 2003, falando nunha cafeteria de facer algo grande, chega a súa culminación. PAL KELLI (ex FUNKILLO), LA PULQUERÍA, BANDABARDÓ, D´CALLAOS, ARBE GARBE, SOULJACKET, DOCTOR HARAPOS… Sobran as palabras polo que mellor ficar calados
Este ano promete, pero se queredes saber máis entrade na páxina oficial: http://www.festichan.com/
E se queredes saber Chan D´Arquiña: http://moana.servidores.net/gl/historia/megalitismo.htm
Comentarios recentes