Este fin de semana celébrase outra edición do FESTICHAN, FESTIVAL DE MÚSICAS ITINERANTES CHAN D’ARQUIÑA. O Festival nace gracias a Asociación Cultural Patajullos, culpables de que cada ano Moaña teña un festival de seu, con grandes grupos do panorama nacional.
O festival e totalmente de balde, tanto concertos como a zona de acampada son zonas gratuitas, polo que a organización tan só conta cos ingresos das barras e da venta de merchandising, se te achegas polo festival, e queres que outro ano se repita, fai a túa pequena colaboración e consume nas barras da organización ou merca a camiseta do festichán 2007. Sen este tipo de colaboración un festival como este terá os seus días contados.
Por outra banda o Fesitchan na súa curta historia como festival conta xa cun importante pasado. Xa no 2004, cando comezou andar o proxecto, grupos como Orquesta Republicana ou Escorzo, pero ninguén esquence que Tio Calambres (Bebe) estivo ca súa caravana xitana o festival.
No 2005 Sonotones ou Betagarri, foron algúns dos pratos fortes, pero este foi o ano no que se introduce o funky ausente na primeira edición. Foi da man de Alcohol Jazz, banda que tivo o privilexio de introducir o funky no festival moañés. Por outra banda non podemos olvidar que todos os anos temos un representante de hip-hop, e este ano non iba ser menos.
No 2006 foi o ano que realmente se empeza a ver como aquel xerme nun outubro do 2003, falando nunha cafeteria de facer algo grande, chega a súa culminación. PAL KELLI (ex FUNKILLO), LA PULQUERÍA, BANDABARDÓ, D´CALLAOS, ARBE GARBE, SOULJACKET, DOCTOR HARAPOS… Sobran as palabras polo que mellor ficar calados
Este ano promete, pero se queredes saber máis entrade na páxina oficial: http://www.festichan.com/
E se queredes saber Chan D´Arquiña: http://moana.servidores.net/gl/historia/megalitismo.htm

acabo de chegar do 1º día de festichán e direi que foi DE PUTA NAI!!! e a tralla que nos queda hoxe tamén
Alégrome moito de que fóra unha boa noite, abofé que esta noite será cando menos igual de boa. Xan Que tal os Dios que te crew?
foiselles un par de veces a luz pero como o son ía igual pois tiraron para adiante, non é a música que me vai pero estiveron moi pero que moi ben
Alégrome moito de que fora todo bem (excepto o apagón, que seguro que lle deu vida o público,
)
Xa me contarás mañán que tal o resto de festival, esperemos que non se joda o tempo. A pasalo bem!!!!!