Hip-Hop dende A Coruña, son Tocho Kachet e son un grupo a descubrir. Con eles entendín o Hip-Hop, empecei tamén a saber un pouco máis da súa xerga, as veces un pouco Guetto, como eles mesmos definen no seu primeiro traballo profesional, Gueto Completo. A critica social e o sue tema preferido, os temas están cheos de ritmos pegadizos, letras moi traballadas e unha dose de profesionalidade que as veces tanto botamos en falta no panorama musical.
Son por así decilo hip-hop sociolóxico, son La Revelación de las Máquinas, título que da nome o seu segundo traballo, no que a técnica depurada e as letras maduran nun berce rapeiro.
Preguntándolle o noso amigo Google, descubro que Tcho Kachet e DelHampa fusiónanse co fin de lanzar un novo proxecto, no que se involucrarán o 100%, aparcando o TK por un tempo. Agora chamaránse Overgrounz Fam!!!
Teñen aloxados unha gran cantidade de temas cos que podes facerte unha idea de como sona o novo proxecto: http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=164925636
Non deixedes de escoitar un tema dos novos Sleeping in the Laurels, e non deixedes pasar a oportunidade de descubrir (se inda non o fixeches) o hip-hop galego, abofé que che sorprenderá.
(Trisko se les isto, disculpa se cometín algún erro cos datos, unha aperta moi forte)
Comentarios recentes