NOVECENTO. SEGUNDA FUNCIÓN. Venres 27

25 07 2007

O pasado martes 24 de xullo, tivo lugar na sala Salasón o estreno de Novecento, obre dirixida por Antón Ferrari e protagonizada polo xenial actor Mighello Blanco. O éxito foi absoluto, as entradas vendéronse en pouco tempo, quedando tan so unhas 2o entradas para recoller o mesmo día do espectáculo na taquilla. Tralo éxito estase pensando en dar outro pase o vindeiro venres, polo que todos aqueles que estedes interesados podredes tela oportunidade de vela obra. O prezo da entrada anticipada é de 4 euros, sendo de 5 euros en taquilla. 





FREETANGA E A TUNA RASTAFARI EN CONCERTO EN ALDÁN

25 07 2007

Con motivo das festas parroquiais de Aldán está prevista a actuación do extrovertido grupo musical FREETANGA e A TUNA RASTAFARI. A actuación está prevista no muelle da propia parroquia as 23:00 horas, inda que teremos máis actuacións antes dos concertos que pecharán as festas, onde tamén se celebrará a festa gastronómica de Aldán o vindeiro día 28 deste mes, onde se podrán degustar pratos típicos da zona como: mexilón, navallas, empanadas, viños,…

A Tuna Rastafari xa ten actuado en contadas ocasións na nosa comarca, sendo esta outra ocasión para poder velos de balde na compaña do grupo local, Freetanga. Fai poucas semanas tivemos a ocasión de velos xuntos na Asociación Cultural da Tiradoura, no seu local social de Reboredo. O concerto dos Freetanga é unha boa excusa para achegarse a esta parroquia chea de vida, sobre todo nos meses estivais, pero ademáis podredes presenciar un concerto cheo de crítica social, humor, historias da vila e ritmo a base de timbales. Os integrantes do grupo cangués aseguran en cada actuación festa e un espectáculo cheo de notas de colorido. Cada directo é unha incógnita, pero sempre predomina un ambiente festivo, contaxiando a enerxía que teñen no escenario o público. Que pasará mañá en Aldán? Eso non o sabremos ate velos no escenario. Non volo podedes perder.





YONI MEDIOGRAMO

25 07 2007

mediogramo.gif

Yoni MedioGramo é un espectáculo creado por Juanillo Esteban, el mesmo se define como un Bufón Urbano, facendo acopio de todas aquelas calamidades que suceden nunha gran vila. Sexo, drogas, e máis ben pouco rock&roll, son parte da  temática que desenvolve o protagonista encima do escenario, un monólogo cargado de inxenio e de vivacidade, no que de bo grado nos escarallaremos a rir.Temos a posibilidade de ve-lo espectáculo mañá pola noitiña, cara as 22:30 da noite no Pub con-ache, nun espectáculo que seguro que non deixará indiferente a ninguén. O local está en Seixo, e a entrada é de pago.