MOTOR PERKINS e A TUNA RASTAFARI

6 08 2007

-SEMANA DO MAR EN MOAÑA-
O sabado 10 de Agosto as 21:00h no porto do Club Nautico de Moaña podremos acudir o “CONCERTO ARRIBADA” que se celebra con motivo da chegada a Moaña das embarcacións que participan na Volta a Galicia de vela. Os grupos que terán o privilexio de tocar na ensenada moañesa serán MOTOR PERKINS e A TUNA RASTAFARI, non sendo escusa para non acudir o prezo da entrada, xa que o concerto será de balde.

Se queredes escoitar algo de Motor Perkins podredes facelo no seu enlace en myspace: http://www.myspace.com/motorperkins

 





BROADWAY EN MOAÑA!!!

6 08 2007

new-york-broadway.jpg

 O vindeiro mércores 8 de agosto podremos presenciar en Moaña (no paseo marítimo) o espectáculo Broadway, que ven avalado por máis de 55.ooo almas nas bancadas polo seu paso por Europa. Estamos a falar dunha grande oportunidade de poder presenciar preto da nosa casa un espectáculo  cheo de efectos especiais, incrible vestiario, xogos lumínicos e todo a maxía dun musical.

Está producido por Teatro Musical BRNO, quenes foron aloubados pola representación de clásicos como “Cabaret” ou a máis recente posta en escena de “Xesucristo Superstar”. T. M. de BRNO nace na República Checa ca idea de fomentar o teatro dramático e musical, tendo hoxe en día unha gran reputación en todo o territorio europeo, por darlles un exemplo decirlles co grupo ten actuacións por todo o territorio do Estado, dende Almeria ata Tarragona pasando por Coruña ou Moaña.  





SOMOS DIFERENTES!!!!

6 08 2007

bichero.jpg

Somos ou non somos diferentes?