O vindeiro martes 14 teremos a oporutnidade de pasar unha noite o ritmo da música electrónica. DJ´s invitados a un módico prezo de 10 euros (entrada anticipada) ou 12 euros en taquilla, ámbalas duas entradas con consumición mínima. A festa terá lugar na sala de festas Tecla´s en Bueu, sala da que xa temos falado neste blogue.
Os estilos de música irán dende o house máis bailable ata os ritmos máis elécticos do techno e hardtechno. Os DJS INVITADOS serán JESÚS DEL CAMPO (Gsussindustries) e
EVAN SYNTH (Ope-Music Agency), por outra banda teremos os dj´s residentes da sala, sendo unha boa oportunidade para velos nunha festa con dj´s de reconocido nome, os dj´s da casa serán IAGO PUGA e MANSON.
A festa terá comezo as 0:00 e perdurá perante toda a noite, ata as 6:00.
Os puntos de venta anticipada:
Vigo:
- Loca FM Vigo: C/Barcelona 31
- Cafetería Teclados: C/Puerto Rico
- Cafetería Tecla: C/Arenal
Bueu:
- Cafetería Hong Kong: Pazos Fontela nº38 (Bueu, Pontevedra)
Para máis información non deixedes de visitalo espazo de Ope-Music, no cal encontraredes máis información. http://www.ope-music.es/
Por outra banda tamén podredes botarlle un ollo o espazo que ten ope-music en MySpace: http://www.myspace.com/opemusic
Comentarios recentes