Hoxe quero agasallarvos cun par de fotografías de jalpóns (Made in Galiza Country), ademáis preséntovos un estilo de arquitectura do país moi espandido, non sei que nome ten así que vouno a bautizar eu mesmo, chamareino o “muro con botella rachada” (penso que xa sabedes a que xénero me refiro). Este estilo arquitectónico está en decadencia total, perdemos o noso norte, estamos deixando de ver nos nosos muros os típicos cristais de botellas, para evitar os intrusos, ladróns e maleantes. Gustaríame saber que agochan as casas que se defenden con tales armas de destrucción masiva.
JALPONADA!!!
11 08 2007Comentarios : 1 Comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE
NOITES DE PALANGRE!!! 2007
11 08 2007
Volven as Noites de Palangre, intentando achegar o cine as diferentes parroquias de Cagnas. Cine de balde e o aire libre, que no verán se agradece nestas noites de lecer. Bótalle un ollo as diferentes pelis e achégate o lugar sinalado para poder pasar un serán entretido, sen ter qeu recurrir o gastar cuartos. Pódese facer algo sen gastar euros.
Por outra bando volvo a recomendar que hoxe e maña vos acheguendes o Adro de Coiro e a Praza das Pontes respectivamente para poder vela peli de Pequena Miss Sunshine.
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : CINE
MORRASO 5ª PROVINSIA!!!
11 08 2007
Canghas do Morraso 09/08/07
Comunicado [C.I.M]
C.I.M., Comando Independentista do Morraso, orghanisasión independentista separatista e en todo caso provinsialista, vesiñal e bateeira do Morraso, envía este comunicado como ultimatum á Sunta de Ghalisia para que establesa o Morraso como unidade territorial, provinsial e indisoluble na Ghalisa, constituíndoo como a 5ª provinsia Ghallegha.
O C.I.M. comprométese a deisar as súas asións como banda armada, a cambio débense cumplir os seghintes requisitos leghais:
-O Establesemento do Morraso como unidade provinsial e indisoluble da Ghalisa.
-Canghas será capital da provinsia do Morraso.
-A Anesión de Vilaboa á provinsia liberándoa así da ocupasión á que se ve sometida.
-Posta en sirculación da moeda única morrasense de curso leghal, o “morrasiño”.
-Recoñesemento da pertensa das Síes ó Morraso por parte de Vigho.
O CIM esixe un recoñesemento por parte da alcaldía de Vigho de que as Síes son e serán de pertensa morrasense e se lles abonará ós vesiños de Canghas Bueu Marin Moaña e Vilaboa unha cantidade de 30.000 morrasiños (moeda ofisial da quinta provinsia) equivalente a 3.000 euros por familia en pagho de deuda por danos e perghuisios que puideran sufir as nosas xentes
-Esiximos a inmediata desaparisión da área metropolitana que de levarse a cabo, convertiríanos nunha Península dormitorio ou península liteira.
-Por último debe estableserse o “Alfonso da Herba” como himno da provinsia, o carnaval do Hío como festa ofisial e a festa do percebe debe reaparecer en Canghas este mesmo ano.
Se isto non se cumpre nun breve praso de tempo, comesaremos coas respostas armadas contra as prinsipáis vías de comunicasión dos ghodechinchos vigheses e madrileños co morraso, a liberasión de Vilaboa e das Síes entre outras asións de loita armada nesesarias para a constitusión da provinsia do Morraso.
Comentarios : 4 Comentarios »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA



Comentarios recentes