Canghas do Morraso 09/08/07
Comunicado [C.I.M]
C.I.M., Comando Independentista do Morraso, orghanisasión independentista separatista e en todo caso provinsialista, vesiñal e bateeira do Morraso, envía este comunicado como ultimatum á Sunta de Ghalisia para que establesa o Morraso como unidade territorial, provinsial e indisoluble na Ghalisa, constituíndoo como a 5ª provinsia Ghallegha.
O C.I.M. comprométese a deisar as súas asións como banda armada, a cambio débense cumplir os seghintes requisitos leghais:
-O Establesemento do Morraso como unidade provinsial e indisoluble da Ghalisa.
-Canghas será capital da provinsia do Morraso.
-A Anesión de Vilaboa á provinsia liberándoa así da ocupasión á que se ve sometida.
-Posta en sirculación da moeda única morrasense de curso leghal, o “morrasiño”.
-Recoñesemento da pertensa das Síes ó Morraso por parte de Vigho.
O CIM esixe un recoñesemento por parte da alcaldía de Vigho de que as Síes son e serán de pertensa morrasense e se lles abonará ós vesiños de Canghas Bueu Marin Moaña e Vilaboa unha cantidade de 30.000 morrasiños (moeda ofisial da quinta provinsia) equivalente a 3.000 euros por familia en pagho de deuda por danos e perghuisios que puideran sufir as nosas xentes
-Esiximos a inmediata desaparisión da área metropolitana que de levarse a cabo, convertiríanos nunha Península dormitorio ou península liteira.
-Por último debe estableserse o “Alfonso da Herba” como himno da provinsia, o carnaval do Hío como festa ofisial e a festa do percebe debe reaparecer en Canghas este mesmo ano.
Se isto non se cumpre nun breve praso de tempo, comesaremos coas respostas armadas contra as prinsipáis vías de comunicasión dos ghodechinchos vigheses e madrileños co morraso, a liberasión de Vilaboa e das Síes entre outras asións de loita armada nesesarias para a constitusión da provinsia do Morraso.
CARALLUDO!!!! CO MORRASO NON SE SOJA!!!
Xa van ser moitos candidatos para a formación da quinta provincia galega. Tede coidado a ver se Soto vai organizar unha organización de loita armada encamiñada a defender a ultranza a consideración de Vigo como quinta provincia (medida contemplada na proposta de reforma estatutaria do Partido Galeguista. As miñas beizóns ó C. I. M.
P. S: Pensei que as siglas CIM eran do Centro de Información á Muller.
O do CIM entra dentro de moitas connotacións en menxase criptolóxico, algún día confirmarannos que é o que se artimaña.
mecaghonacona! menudos son estes do cim jaajaja
iso é MORRASO 5ª provisiaaa