No Morrazo enteiro, pero sobre todo en Cangas existe un deporte nacional, o “terraceo”. Ante calquer imprevisto, data sinalada no almanaque, xuntanza de amigos, ler o periódico, etc, o fenotipo cangués ou morracense, reacciona dun xeito similar, acude en manada as terrazas, practicando o que eles coñecen como o hobbie máis practicado en toda a comarca: O TERRACEO.
Este é un deporte no que pode participar persoas de todo tipo de idades, dende os máis cativos, que non para de gritar, chorar, pelexar e sacar de quicio non só os pais senón o resto de practicantes do terraceo, ata os máis vellos, que por norma xeral acuden de dous xeitos: un en parella, entón intentarán non decirse nada mentres cada un toma unha consumición diferente, e ante unha leve mirada ambos se entenden, e o outro xeito e a xuntanza de vellos para beber e rir o redor dunha mesa cunha boa botella de viño.
O horario de práctica do deporte é moi amplo, en Cangas para ser máis concretos practícase dende as 06:00 da mañá (no Marina), ata as 04:00 ou incluso chegando as veces as 05:00 (no botellódromo e locais afíns). É decir, podemos pasar prácticamente as 24 horas do día de terraza en terraza. É máis ti pregúntalle a alguén de Cangas que fará esta misma tarde sen ir máis lexos, a súa resposta será: “ir tomar algho a unha terrasa”. Da igual se fai moito sol ou moita chuvia, existen parasoles e toldos que paran o calor e o frio. Do mesmo xeito podemos atopar terracistas (persoas que practican o terraceo), durante todo o ano, en diferentes prazas, ruas ou beirarúas, trocando de bares segundo a exisencia diaria vaia facendo mella. Por outra banda, falando de beirarúas, Cangas é o único concello no que a beirarúa desaparece para dar paso a un crisol de mesas e sillas (importante todas as terrazas han de ser diferentes entre sí, dando paso a un aspecto anárquico de descontrol e kaos, que despistan o terracista, e non sabe por cal decantarse, moitos estudos de marketing sinalan esta práctica anarquista como o verdadeiro xen do consumismo abusivo)
Non en poucas ocasións tense escoitado en terrazas a xente decindo: “e logho, que imos faserlle aghora, se lle vamos tomar algho a unha terrasa” Demostrando así que dunha terraza vaise a outra, facendo qeu iste deporte se convirta nun círculo vicioso do cal é difícil de escapar.

Comentarios recentes