YONI MEDIOGRAMO 16/08/07

15 08 2007

Yoni Mediogramo volve o Morrazo para volver a deleitarnos co seu monólogo. Desta vez visitará o Academia en Cangas, mañá xoves, sendo a entrada única de 5 euros.

Presentovos tamén un video promocional que encontrei no You tube, onde podredes ver parte do espectáculo.

Por outra banda decirvos que Yoni Mediogramo tivo unha gran acollida no público non só en Galicia (onde collemos a primeira o acento coruñés), aquí vos deixo un video onde da as gracias por un segundo posto no certame  Radio City (http://www.radiocityvalencia.com/)  de monologuistas en Valencia.

Por outra banda se queredes saber máis información sobre Yoni non dubidedes en visitalo espazo web do actor coruñés http://www.mediogramo.com/

mediogramo.gif

 





BRIGADA VICTOR JARA (BUEU) 17/08/07

15 08 2007

Concerto que promete a cargo do grupo portugués Brigada Victor Jara no Centro do Mar de Bueu. Este grupo de mozos de Coimbra, xúntanse en 1975. A partir desta data comeza unha subida expectacular da popularidade do grupo neorevolucionario, tendo hoxe a sorte de poder contar con concertos en todos os recunchos do mundo, tendo sempre moi presente a participación en concertos nunha das suas terras máis queridas “a Galiza”.

No ano 2006 edita o seu último traballo chamado “Ceia Louca”, co cal percorren todo o país veciño (Portugal) e parte das nosas terras. Ardentía (iniciativa popular e municipal do Concello de Bueu) ten o orgullo e a satisfacción (como diría Xoancarlos) de presentar o grupo luso con máis de 31 anos de concertos no seu lombo.

Para máis información non deixedes de visitalo seu espazo web http://www.brigadavictorjara.pt/25anos.htm Ademáis aquí vos deixo un “video” (máis ben un archivo de audio, que podedes ir escoitando mentres seguides navengado polo internet) para que vexades o que se presentará en Bueu o vindeiro venres.

 





CANJAZZ 2007.- 19-24 de AGOSTO

15 08 2007

Volve o CANJAZZ, vivindo este ano a Xº Festival Internacional de Jazz de Cangas. Os espazos acondicionados para acoll-los concertos de Jazz, serán: O Eirado do Costal e o Auditorio Municipal de Cangas. Inda que non só se limitará a estes espazos, o Canjazz deste ano presenta novas cas que intentarán levar a máis recunchos o Jazz. Por iso teremos “noites de jazz” (os días 19, 20, 24 as 22:30, concertos no Salason), pasarrúas (21, 22, 23 de 13-14h e de 20-21h), jam session (no Plantacións os días 21, 22, 23 a partir das 24h ), e de viños e jazz (No Plantacións o 19 as 13h, Ambigú o 19 as21h e na Academiao 20 e 24 as 13h). As exposicións, serán no Ambigú, dende o 19 ata o 24 de Agosto de forma continuada.

Ademáis teremos a oportunidade de escoitar no Eirado a Mr. Chacho, o día 21 as 22:30, onde presentarán un traballo composto por, saxo piano, contrabaixo e bateria. O día 22, a mesma hora podremos presenciar a Joana Machado e Alfonso País Quartet, no cal teremos a honra de escoitar a Joana na voz, acompañada de guitarra, contrabaixo e bateria.

Video de Joana Machado e Alfonso País

Por outra bando o xoves 23 de agosto as 22:30, estarán on Auditorio Municipal o Ghul Project vol. 2 que estará formado por dous saxos (alto e tenor), trompeta e trombón, piano, contrabaixo e batería.

http://www.canjazz.org/ Nesta páxina encontraredes máis información acerca da oferta que nos propón o Canjazz deste ano, que se asemella moi interesante.