Volve o Festivalinho a facer da capela de San Amaro (en Aldán, preto do campo de fútbol do Rápido Bahía) un lugar especial, cheo de música e actividades da man dun grupo de mozas e mozos que fan a súa aportación nun dos veráns con máis festivais dos últimos anos qeu se lembran no Morrazo.
A carballeira de San Amaro será un ano máis testemuña dos concertos que farannos pasar unha noite chea de boa música. Os grupos que actuarán serán Barni Gambel (un dos grupos revelación neste ano 2007, polo menos pra min, veñen de Moaña e farán as delicias dos “festivaleiros”), Freetanga (os do Forte volven con forza, demostrando que son un dos grupos de referenica no eido musical morracense, sonará de novo o “Pousa Pousa” Alternativo).
Máis información en breve. Non podedes faltar a cita co Festivalinho o vindeiro venres.





Comentarios recentes