Volve o Festivalinho a facer da capela de San Amaro (en Aldán, preto do campo de fútbol do Rápido Bahía) un lugar especial, cheo de música e actividades da man dun grupo de mozas e mozos que fan a súa aportación nun dos veráns con máis festivais dos últimos anos qeu se lembran no Morrazo.
A carballeira de San Amaro será un ano máis testemuña dos concertos que farannos pasar unha noite chea de boa música. Os grupos que actuarán serán Barni Gambel (un dos grupos revelación neste ano 2007, polo menos pra min, veñen de Moaña e farán as delicias dos “festivaleiros”), Freetanga (os do Forte volven con forza, demostrando que son un dos grupos de referenica no eido musical morracense, sonará de novo o “Pousa Pousa” Alternativo).
Máis información en breve. Non podedes faltar a cita co Festivalinho o vindeiro venres.
Esta tarde intentarei porvos o corriente de todo o que pasará en San Amaro o vindeiro venres. Recordade que ademáis de concertos, teremos actividades perante a tardiña do mesmo día, xogos populares etc.
Estou a espera de atopar o cartel do Festivalinho para facer a noticia completiña. Un saudo!!!!
Por certo xa sabedes que a organización do Festivalinho fai todos os anos un amplo repertorio de merchandising, chisqueiros, camisetas, chapas, etc. Colaboura co festival mercando rifas ou calquer producto oficial. Xa sabes se fas botellón estás matando un chisco o festival, compra na barra inda que sexa a mezcla pra bebida.
xa está listo o cartel deste ano:
Barni Gambel
Odio e Amo
Freetanga
La tuna rastafari
Agora mesmo vou publicalo
Pero quería encontrar unha imaxe do cartel no internet
pero non o conseguín, así qeu lle fixen unha foto os que hai na rúa.
merci pour ton festival chicho, enormes bisous..
josinho
Estou encantada qe neste caótico mundo,exista xente como vos..!!
Facedes qe os nosos antepasados estén orgullosos de como estades a facér as cousas,e qe as xeracións estén a drisfutár do qe eles nos deixaron.
Non sei se vou poder ir,xa qe este ano tocoume ter qe estár en reposo obrigado..pero seguro qe todo vai ir bénnn!!
Se vou,o mínimo qe podo facér será consumír na barra..
MOOITA MERDA!!