NOVO MAPA POLÍTICO DO PAÍS. C.I.M.

27 08 2007

 

morraso-quintq-provinsia.png

O Comando Independentista do Morrazo diseña a nova ordenación territorial de Galicia. Como xa estaba pensado nos estatutos do grupo separatista e bateeiro, a quinta provincia galega non será o Bierzo, nin Vigo (pese a Manoel Soto), será o Morrazo, incluíndose nesta nova provincia: Cangas, Bueu, Moaña, Marín e Vilaboa, sendo as Ons e as Cies illas que pertencen a nova provincia.

Dende a organización morracense fíxose saber que estanse a barallar cales serán os días da patria morracense, día dos mártires da nosa provincia e  día de festa nacional. Marcos da Portela, homónimo do subcomandante mexicano, fixo a súa primeira aparición pública acompañado de Manolo do Sacho e de Toñito Clarete, pedindo a autodeterminación para o pobo morracense. Deste mesmo xeito agardamos que en cuestión de poucos días teñamos novas o respeto, co fin de que a organización morracense vaia collendo xeito.





PONME OUTRA ANGELINES!!!

27 08 2007

Manolo “O Rincha” entra no Café Bar Juventud, bota unha ollada o seu redor, co paso firme que o caracteriza, enfila os seus 100 kg ate a barra, onde está guardado respetuosamente o seu sitio. Apoya o codo na barra e Angelines sírvelle unha copiña de caña. Antes fai o seu saudo a toda a xente do bar, non se detén en adicarlle unha verbas a cada un por separado, se non que máis ben bota un saudo colectivo do estilo “Me cajo no carallo, este mundo é unha merda” ou “quédannos poucos días, Angelines pon o de sempre”.

Mentres “O Rincha” saborea a caña, na mesa que está o lado da máquina de tabacos, non deixa de sonar un constanta murmullo que se fai entendible no momento en que algúen berra “arrastro”. Faustino, Pepiño “Bateeiro“, Ramonsiño e Suso “Melenas” (pelado, sen un pelo dende fai máis de 37 anos) xogan a súa partida de cartas, os catro toman o mesmo, un carajillo que fai Angelines como ninguén en todo o mundo. O pe da mesa fica calado coma semepre Dionisio, todo o mundo lle chama ”O Xordo”, por que non para de escoitar a xente, el nunca fala, so escoita e asinte ca cabeza, “un home de poucas palabras“, di Faustino para referirse a Dionisio. Cun só carajillo poden botar entre catro e cinco horas, non son un ingreso importante para Angelines, que ven sendo a única muller que entra no bar. Os nenos tampouco parecen ir moito por alí, así que a taberneira so ten unha caixa de chicles por si “O Xordo” leva un neto canda del.

Todos botan en falta a Castroviejo, un vello que morreu fai cousa de 15 anos, algúns chamábanlle ”O Filósofo”, e razón non lles faltaba, o vello era toda unha institución, nunca traballara no mar, mesmo pensan que endexamáis traballou, e según din, as mans sempre as traia “limpas e sen feridas“. Castroviejo, chegaba xunto Angelines e decía “Ponme duas Angelines“, o cabo dun rato despois de beber a súa copa ficaba calado e pensativo,  e como se tivera que xustificarse replicaba “parés que o outro non vai vir, así que vouna beber eu pa non estragalo viño”.





O´BICHERO

27 08 2007