FESTIVALINHO 2007!!!!! 31/08/07 SAN AMARO-ALDÁN

28 08 2007

imagen119.jpg

No cartel tendes toda a información e o programa do Festivalinho. Recordade qeu terendes xogos populares pola tarde e un gaiteiro as 21:00, que será o inicio da música na carballeira de San Amaro. O merchandising será variado, e podremos colabourar mercando chisqueiros, camisolas, bebidas, bocadillos,  e máis cousiñas. Colaboura!!

As 22:00 dará comezo o festival co grupo moañés Barni Gambel, e seguirá o festival co resto de grupos, Odio e Amo e a Tuna Rastafari (os cales están recollendo unha magnífica crítica, facendo da actuación unha auténtica perla no escenario), pechando estará o grupo Freetanga e o seu combinado de músicas do mundo. A festa está garantida, non vos defraudará, anímense.

Seica non gustou que non nomeara en primeira instancia a tódolos grupos, por iso pido disculpas polo erro cometido, mais comprendín que sería dar datos repetitivos caendo nunha reiteración propia do fanatismo, xa que o bonito cartel que vos adxunto no post é claro é conciso, tan so faltaba engadir o cambio, alleo a organización do festival, no que se expresara a  orde de actuación dos grupos. Foi por isto e non por calquer outro tipo de maquiavelica solución polo que non escribín o nome dos grupos, que repito, estaban no cartel que adxunto, o cal non quería calcar no comentario do post. De novo disculpas públicas que espero sexan entendidas.





REDE DE CURTAS DE MOAÑA- DO 26 O 30 DESTE MES

28 08 2007
Dende o Domingo 26 ata o Xoves 30, levarase a cabo na alemda de Moaña (Se as condicions non son boas no alto da praza de Abastos), a proxección do certame de Curtametraxes RedeCurtas07.
Neste proxecto se inclúen as curtametraxes de maior éxito de todo o Estado, tanto de animación como de ficción e dos diferentes xéneros: documentario, terror, infantil, comedia, drama, proxectos experimentais…Títulos como A rosa dos ventos (de Jairo Iglesias, galardoado co Mestre Mateo 06 por Cicatrices), Cousas de Kulechov (premiada no Festival de Cans do Porriño), Sen Chumbo (unha das curtas galegas de máis éxito do ano) ou Catharsis (premida no festival Trayecto Corto 2007), entre outros están incluídos no catálogo da RedeCurtas 07 .
Este é o programa:
SESIÓNS

DOMINGO 26:
Sesión 1: LA GRAN REVELACIÓN ( Comedia )
EL VIAJE DE SAID ( Animación )
BECHOS RAROS ( Comedia Galega )
CATHARSIS ( Experimental )
A MEIGA CHUCHONA ( Animación Galega )
LA LEYENDA DEL HOMBRE LENTO ( Comedia ).

LUNS 27:
Sesión 2: AS DE CORAZONES (Comedia)
SEN CHUMBO (Thriller-acción)
CHANGES (Animación)
CON LENGUA (Comedia)
A PROMESA (Animación)
HABITACIÓN 303 (Comedia)

MARTES 28:
Sesión 3: MI TIO PACO ( Comedia )
TADEO JONES, el sotano maldito ( Animación )
INCOMUNICADOS ( Comedia )
EL CANTO DEL GRILLO ( Thriller )
ROSA DOS VENTOS ( Drama Galego )
EL RELEVO ( Comedia )

MÉRCORES 29:
Sesión 4 : COUSAS DE KULECHOV (Experimental)
ANTES Y DESPUÉS DE BESAR A MARÍA (Drama)
NASIJA (Drama)
BOLETOS, POR FAVOR ( Acción)
JEDN, PENSANDO EN SOLEDAD (Documentario Histórico)
LA EXCUSA (Comedia)

XOVES 30:
Sesión 5: OTRO CORTO CON NIÑOS (Animación)
EL REGALO (Comedia)
RÉMORAS (Drama)
CARNE DE CANÓN (Animación)
CORRIENTES CIRCULARES (Drama)
REPARACIÓN (Comedia)

Organiza: Concellería de Cultura e Ensino do Concello de Moaña.





CONCERTO TRANSILVANIANS e KOGITO 29/08/07 CANGAS

28 08 2007

O mércoles 29 de Agosto as 22:00.H na Praza Das Pontes en Cangas teremos a  actuación dos Grupos: TRANSILVANIANS e KOGITO, polo que podemos decir que será unha noite de ska reaege.

Se querendes saber algo máis de Kogito so tendes que visitar o seu espazo, un blogue onde podedes encontrar cousas interesantels, como a lista de concertos neste verán que se esgota pero que inda patalea. http://blog.myspace.com/kogito

Por outro lado teremos a banda Transilvanians que está recollendo unha magnífica crítica alí por onde deixan soar os seus rítmos eclépticos, ou como eles mesmo se definen “horror reagge”. Se querendes escoitar como sona este grupo vigués visitade estes espazos:

http://www.transilvanians.com/

http://www.myspace.com/transilvanians