FESTIVALINHO 2007!!!!! 31/08/07 SAN AMARO-ALDÁN
28 08 2007No cartel tendes toda a información e o programa do Festivalinho. Recordade qeu terendes xogos populares pola tarde e un gaiteiro as 21:00, que será o inicio da música na carballeira de San Amaro. O merchandising será variado, e podremos colabourar mercando chisqueiros, camisolas, bebidas, bocadillos, e máis cousiñas. Colaboura!!
As 22:00 dará comezo o festival co grupo moañés Barni Gambel, e seguirá o festival co resto de grupos, Odio e Amo e a Tuna Rastafari (os cales están recollendo unha magnífica crítica, facendo da actuación unha auténtica perla no escenario), pechando estará o grupo Freetanga e o seu combinado de músicas do mundo. A festa está garantida, non vos defraudará, anímense.
Seica non gustou que non nomeara en primeira instancia a tódolos grupos, por iso pido disculpas polo erro cometido, mais comprendín que sería dar datos repetitivos caendo nunha reiteración propia do fanatismo, xa que o bonito cartel que vos adxunto no post é claro é conciso, tan so faltaba engadir o cambio, alleo a organización do festival, no que se expresara a orde de actuación dos grupos. Foi por isto e non por calquer outro tipo de maquiavelica solución polo que non escribín o nome dos grupos, que repito, estaban no cartel que adxunto, o cal non quería calcar no comentario do post. De novo disculpas públicas que espero sexan entendidas.

Namentras haxa festas non faltarán festeiros
Seguro!!! xDD
Menos mal que no cartel pon a Odio e Amo mais a Tuna Rastafari, senón, carqueira diría que ían participar no Festivalinho…..
Encantanme Barni Gambel mais Freetanga e non hai que deixar de eloxialos, pero polo nemos nomear os demais, non si ? ¿ ?
mmmmmmm!!!!! Razón non che falta.
Perdoa, waltinho. A miña intención non ía por ahí; tan só chamábame a atención o eloxio a dous grupos, e o non nomeamento dos outros dous. A miña pretensión non era para nada porte na obriga de coñecelos, e ou falar maravillas deles. Se sentiches ofendida a tua boa labor, reitero as miñas desculpas.
Agardemos sea un tremendo dia para a cultura maila música tal como está predisposto. Un saúdo
Non hai problema cometín un erro e está solventado (púxenvos o enlace a MySpace)
gracias