Quero expresar o meu apoio incondicional a todo movemento social, económico, cultural e político que se mostre en prol da retirada da simboloxía falanxista existente nos diferentes municipios do Morrazo. Dita iconografía non é historia, é a exaltación dun movemento paramilitar que desenrolou nunha Guerra Civil, na que morreron inocentes, e da cal ninguén saiu victorioso agás o réxime franquista.
Por iso se estás a favor de retirar dita simboloxía, pon un comentario co teu nome e dni, conseguiremos firmas que eu mesmo me encargarei de tramitar co fin de evitar a contaminación visual nas rúas públicas do Morrazo.
Gracias!!!
Comentarios recentes