Incrible festival, un dos que máis xente congregou da historia do festival. As actuacións foron moi contundentes, deixando un bo sabor de boca. Comezou Barni Gambel como xa habíamos adiantado, e a actuación viuse cortada por unha rama, de grandes dimensións, que se precipitou no medio do público, recordamos que o Festivalinho ten lugar nunha carballeira centenaria de Aldán. O incidente saldouse con algunha magulladura, pero podemos respirar tranquilos, xa que por fortuna non hai que contar con feridos de gravidade. A actuación de Barni Gambel continuou despois de que os efectivos de Bombeiros solucionaran o accidente. Odio e Ama volveu a levantalo público facendo un concerto que o público non esquencerá, e de bo grado Odio e Ama tampouco. A Tuna Rastafari, liderada polo ex cantante de Dos Pelos Negros, Alex, conseguiu dar ca fórmula perfecta nos festivais, congregando alí onde tocan a unha serie de incondicionais que gozan con cada concerto dos “tuneros”. Por outra banda salientar que o peche viu da man de Fretanga, que volveron estar a altura das cirucunstancias, volvendo facer sonar os seus ritmos eclépticos.
Despois dos grupos, Antón Ferrari primeiro e Wetxo despois, foron os encargados de seguir ca festa, ambos dj´s, des estilos moi diferentes seguiron cun ambiente bastante máis calmado do que se respirou nos concertos.
Comentarios recentes