EL ÚLTIMO KE ZIERRE e DEFEKTO ÓPTIKO 15/09/07 BUEU

6 09 2007

O gran concerto de setembro chega da man de EUKZ (El Último Ke Zierre) escoltados polos Defekto Óptiko. A Sala Zona de Bueu será o lugar do concerto, sendo as entradas de 12€ anticipada e de 15€ en taquilla. Se queredes máis información podredes atopala na páxina de www.deskargafurtiva.com e na web oficial do grupo EUKZ http://www.elultimokezierre.net O grupo castellonense ven a presentar o seu novo traballo Quemaste tus Alas de Ángel, polo que invito os ociólogos a escoitar ben o novo cd co fin de que no directo todos teñamos aprendidas as cancións que presentarán.

Por outra banda non podemos esquencernos do grupo Defekto Óptiko, que sen lugar a dúbidas vai estar a altura das circunstancias. De bo grado podemos dicir que teremos unha noite completa na Zona de Bueu.





“DON MAURO” EN SEIXO- 6/09/07

6 09 2007

O pub Ache de Seixo presenta un mes de setembro cheo de espectáculos, e abre este novo mes da mellor forma posible, presentado en directo a “Don Mauro”, compoñente da Paramont Comedy. As entradas serán de 10 euros en taquilla, tendo entradas anticipadas máis económicas. Para máis información sobre o local que organiza o espectáculo http://www.pub-ache.com

O actor que estará hoxe en Seixo presentado o seu novo traballo, ten moitos kilómetros as súas costas, polo que de bo grado veremos unha boa actuación no pub.

 Aquí tendes un video sacado do programa que antes comentaba, Paramont Comedy

Don Mauro : A Mauro Muñiz, de pequeño, sus papás le apuntaron a solfeo. Y ser el niño rubito que va a música… es algo que te deja marcado para siempre, claro. Porque sí, tus compañeros de clase te llaman nena. Mauro bajaba la cabeza y claro, tanto acumular mala leche no podía ser bueno. Y ahí apareció Don Mauro. Y enseguida empezó a malmeterle: que si puestos a tocar el piano que se dejara de la mierda del Chopin… y Mauro terminó siendo teclista de “La Cabra Mecánica”; en el disco “Cabrón”, para más señas. Pero no era suficiente: la úlcera de Mauro crecía a marchas forzadas y… cada vez era más difícil controlar a Don Mauro. Así que… decidió dejarle suelto, qué coño. Y de perdidos, al río: que se subiera a un escenario y dijera desde allí todo lo que a él le estaba repudriendo por dentro… ¡¡Joderrrr!!. Y bueno, el resto es historia(Este fragmento en cursiva está sacado da páxina www.humorinteligente.net)





FESTAS DE DARBO 2007

6 09 2007

Hoxe comeza a Romaría de Darbo, unha das máis concurridas do Morrazo. Sen lugar a dúbidas, a queimada, o viño do país, e as empanadas serán predominantes a todas horas no adro da Igrexa de Darbo.

 Hoxe leerase o pregón, e descorcharanse as primeiras botellas de viño. Queda invitado todo o mundo, recomendándose achegarse a pé, xa que o do aparcar está difícil.

 Non esquenzan que a Danza e a Contradanza son bailes tradicionais que se conservan prácticamente igual que fai 600 anos, polo que sería unha boa opción achegarse o día 8 a primeira hora para coller sitio e poder ver dita danza diante da fachada da Igrexa de Darbo.





ANGEL BOTELLO NA CASA DA CULTURA DE CANGAS

6 09 2007

O  artista cangués nado en 1913, será o artista lembrado do 6 o 29 de setembro na Casa da Cultura de Cangas. Será unha moi boa ocasión para poder vela obra do artista morracense, qeu viaxou por todo o mundo, impregnándose de referencias pictóricas como o impresionismo ou o indigenismo. Sen lugar a dúbidas Gauguin, e o seu máximo referente, podendo encontrar nas súas obras diferentes pinceladas qeu nos recordan o pintor francés.

A inauguración será hoxe día 6 de setembro as 20:30na propia Casa da Cultura.





VOLVE O CINE-CLUBE- Cangas Auditorio Municipal

6 09 2007

Un ano máis volve o ciclo de cine do cine-clube da man de Xiria (http://www.xiria.org/cineclub.htm). Sen lugar a dúbidas temos un ciclo cheo de boas películas entre as cales gustaríame resaltar unha: 12:08 O Leste de Bucarest, pelicula rumana do director CorneliuPorumboiu.

O primeiro filme desta nova tempada será o 7 de setembro as 20:30 h , co film británico de  Tristam Sandy de Michael Winterbottom. A continuación mostro o cartel deste mes, e o final do post podredes botar unha ollada a ficha técnica de Xiria sobre a película de mañá.

imagen131.jpg

TRISTRAM SHANDY
Gran Bretaña, 2006

Dirección Michael Winterbottom
Intérpretes Ian Hart, James Fleet, Robert Cedric Sheriff, Shirley Henderson, Gillian Anderson, Steve Coogan, Greg Wise, Dylan Moran, Naomi Harris, Rob Brydon, Keeley Hawes, Raymond Waring, Conal Murphy, Joe Williams
Guión Martin Hardy (Novela: Laurence Sterne)
Fotografía Marcel Zyskind
Música Michael Nyman
Duración 94 m.

Sinopse
Un perfecto cabaleiro inglés, Tristram Shandy, sae do seu ancestral fogar, Shandy Hall, para presentarse educadamente. Disentindo da idea de que non se poden facer parvadas cos detalles da túa autobiografía, Tristram lánzase coa historia da súa vida dende o comezo: o seu nacemento.

O noso narrador pronto se ve distraído pola visión do seu tío Toby e o seu amigo, o Cabo Trim, mans á obra traballando na reprodución do sitio de Namur en 1965, onde Toby sufriu feridas embarazosas. Por suposto, ningunha historia sobre o nacemento de Tristram estaría completa sen unhas palabras sobre oseu pai, con inclinacións polo intelectual, un home moderno que observaría cada detalle da existencia do seu fillo, incluídos os medios polos que foi traído ao mundo..

(Ficha técnica do CineClube de Xiria)





ZONA BUEU-FESTIVAL DE MÚSICA BRASILEIRA 8/09/07

6 09 2007

A sala de festas Zona de Bueu organiza un Festival de Música Brasileira o vindeiro día 8 de setembro as 0:30. Os grupos invitados para levar a diante dito festival serán dous grupos: Digital Dubs e Etacarinae, e o prezo do festival será de 4 euros.

Digital Dubs naturais de Brasil, son un grupo de dj, que mezclan música electrónica e reagge más outro tipo de estilos musicais. Mentres que Etacarnae xa se define máis por ritmos electrónicos sen olvida-las raices brasileiras misturando ritmos sudamericanos con ritmos electro.

imagen130.jpg

Para ampliar información sobre o concerto poden acudir a web do local: www.zonabueu.com