EL ÚLTIMO KE ZIERRE e DEFEKTO ÓPTIKO 15/09/07 BUEU
6 09 2007O gran concerto de setembro chega da man de EUKZ (El Último Ke Zierre) escoltados polos Defekto Óptiko. A Sala Zona de Bueu será o lugar do concerto, sendo as entradas de 12€ anticipada e de 15€ en taquilla. Se queredes máis información podredes atopala na páxina de www.deskargafurtiva.com e na web oficial do grupo EUKZ http://www.elultimokezierre.net O grupo castellonense ven a presentar o seu novo traballo Quemaste tus Alas de Ángel, polo que invito os ociólogos a escoitar ben o novo cd co fin de que no directo todos teñamos aprendidas as cancións que presentarán.
Por outra banda non podemos esquencernos do grupo Defekto Óptiko, que sen lugar a dúbidas vai estar a altura das circunstancias. De bo grado podemos dicir que teremos unha noite completa na Zona de Bueu.
Recent Comments