INCRIBLE PREMIO DO CIM

26 09 2007

O CIM fixo onte público o gañador do seu premio o visitante número 1000 do seu blogue, o incrible premio dunha “funghalla hipi” foi publicado no portal morracense. Esperemos que sexan moitas máis visitas, e que pronto vexamos no blogue do CIM o gañador montado na furghalla bomba cun sonriso de orella a orella.

Sen máis dar os nosos parabéns o espacio morracense, desexando o mellor para o CIM, que sega o humor, e a crítica constructiva. Avante co Morrazo livre de Arkaliptos!!!!! Estaría ben unha iniciativa do estilo dunha tala masiva de arkaliptos, por cada un plantar un árbore autóctono.





A SEGUNDA PEOR RÚA DO MUNDO

26 09 2007

A segunda peor Rúa do Mundo é a chamada por todos os cangueses a Rúa do Chouriso,  ou cando falamos xa directamente dicimos O Chouriso, a súa forma de ese é o que lle da este nome, inda que moitos pensen que é por outros motivos, algúns deles moi xustificables (defecacións de cans) Esta quizáis sexa a rúa con máis defecacións (por decilo finamente) de cadelos de todo o Morrazo. Nalgunhas ocasións, os veciños da Pedra Alta pensamos que esta era unha iniciativa municipal para espantalos turistas desta zona, inda que tras diversas divagacións demos ca resposta, os nosos veciños son uns porcos. Por outra banda, teño que resaltar que esta rúa está ”comunicada” ca Rúa Seixo, A Peor Rúa do Mundo, algún día vos levarei por ese camiño que une ámbalas dúas ruas,  e que Carmucha, cargada cas bolsas da compra, ten que atravesar tódolos días.

Carmucha sempre comenta cando sube polos penedos que a levan do Seixo o Chouriso, “calquer día filliño, non volvo, métome tal ostión que revento a crisma e ninguén se entera neste estercoleiro”. Tódolos días ducias de persoas atravesan dito pasadizo, que está cheo de ratas tan grandes como o gato da Lorchiña, o “ghato”, como di ela, está gordo, fai tempo que non colle nin un rato pequerrecho, el sabe que tódolos días a Lorchiña lle pon as sobras da comida e da cena, “suficiente se non veñen as cabronas das gaivotas” (pensa o ghato). Este e outro inconveniente, as gaivotas aliméntanse dos restos dun hiper que hai na rúa, e as beirarúas están cheas de merda (literalmente), gaivotas asesinas, plásticos, alimentos en claro estado de putrefacción, etc.

Pero o que máis me estrana é a beirarúa, bueno que aquí no Morrazo sempre se chamaron “aseras”, e qeu por outra banda son totalmente ineficaces. Aquí as beirarúas non se utilizan, e un gasto innecesario, se ves unha persona que inda tendo beirarúa prefire ir polo asfalta, pensa que igual é do Morrazo. Inda sendo innecesarias, polo menos podrían rematalas, xa que dende que asfaltaron a rúa, fai uns 10 anos, está igual, todo en cemento. Manoel, un vello octogenario do barrio, que sempre vai atavaido cunhas medallas colgadas do “pescoso” e cunha camiseta do seu neto cunha estrela de cinco puntas amarela, vai esquivando as merdas dos cans, a merdas que soltan as gaivotas, os baches do asfalto, as farolas que se incrustan na beirarúa, os regos de auga que caen do ceo (das terrazas dos edificios)  Calquer día o Manoel reventa e manda a todos a rascalo carallo, e eso que leva xa uns anos sen falar.

imagen140.jpgimagen141.jpgNesta segunda foto vendes a entrada o pasadizo que nos leva a Rúa do Seixo.





BERNARDINO GRAÑA-UN PRACER.-

26 09 2007

Sobran  verbas para describir a este grande da nosa Bisbarra. E faltarannos días para agradecerlle todo o que herdamos del. Polo momento só decir que foi un pracer, é un pracer é será un pracer seguir contando con Bernardino Graña nas nosas bibliotecas.

imagen148.jpg

Diferentes asociacións e o concello de Cangas xunto ca Xunta de Galicia ofrecen un homenaxe a este grande da literatura galega. Dende o 27 o 29 de setembro podemos ver unha exposición no Auditorio Municipal Cangués.





VOLVEN OS CONCERTOS O SALASÓN

26 09 2007

Este venres teremos foliada no Salasón, a entrada de balde, permitirá pasar unha noite cargada de música tradicional galega. O comezo está previsto as 23:00.

 E o sábado no Salasón o Ximnasio Di Som organiza unha exhibición de baile HIP-HOP,  a entrada tamén será de balde, e a actuación dará comeza a partir das 23:30.

imagen147.jpg





A COPIA DA COPIA

26 09 2007

imagen137.jpg

Facer unha copia dunha marca barata?? Si está comprobado, as boas ideas estanse agotando no mundo do marketing





NESTE MUNDO HAI DE TODO

26 09 2007

imagen139.jpg

Fai poucos días pasei pola facultade, xa levaba tempo sin velos profesores, compañeiros, camareiros, e demáis pas. Como sempre pasei polo pasillo onde se mostran as notas buscando o sono de calquer alumno, que che poñan un aprobado naquela asignatura que o final non te presentaches por medo, ou como decimos os estudiantes, “pra que non corra convocatoria” (se total temos 7 e os profesores apiádanse e nunca chegas a dita convocatoria).Pois o  caso, estaba eu no pasillo a altura da clase de terceiro de socioloxía, os sociólogos da Coruña sabrán desto, cando ollo cara o casilleiro pra velas notas da asignatura Estructura Social de Galicia, impartida polo ex-decano Antón Álvarez Sousa, cando unha anotación no medio das notas chama a miña atención, eu e o meu compañeiro ficamos abraiados, pois nunca viramos tal vileza nun profesor. A pobre chavala non lle chegaría ca vergonza de que Sousa o pillara cunha chuleta, senón que este ridiculizao ata o punto de que a súa actuación no exame de setembro queda a vista de todo o mundo. Probe Virginia!!! Dende este espazo estamos contigo, seguro que che costará aprobala, pero cando a aprobes intenta que sexa con chuleta e saca unha foto no exame sacando a chuleta e colgámola no blogue, e así qeu estés aprobada publicámola.

Por outra banda este feito fixo que pasaramos por alto as notas dos compañeiros de Virginia, pero podemos ver como Aroa consegue sacar un 0,2. Pero qeu clase de nota e esa? Que puntúa un 0,2 nun exame de socioloxía?? Por outra banda vemos a nota de Diego, gran amigo meu, que ten un 4,2, espero qeu sexa un aprobado, por que senón mellor que lle puxera un 3, e outra vez?? Que significa esas dúas décimas??  Ánimo!!!