RETROUSO CA CULTURA MORRACENSE

28 09 2007

A Asociación Cultural Retrouso recibe con importantes novidades o novo curso 2007-2008. A partir de outubro, novos profesores toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo.

Guillerme Ignacio, cantador e gaiteiro de Quempallou e d’O Tear de Llerena, impartirá pandeireta e canto tradicional en Cela os mércores en dúas quendas: ás 19.30 h e ás 21.00 h, segundo o nivel do alumnado.

Alberto Costas, respectado percusionista, dará clases de iniciación e perfeccionamento de percusión os xoves, ás 20.30 horas.

Cristóbal Prieto, gaiteiro e artesán do Hío, ensinará a tocar a gaita os sábados desde as 11 horas da mañá.

Teresa Pedrouso, curtida no ensino de acordeón en conservatorio, emprende o obxectivo de crear un grupo de acordeonistas ligados ao repertorio tradicional. Será os martes ás 18 horas, con aulas de hora e media. Antes, ás 17 horas, ofrecerá, separadamente, formación de linguaxe musical.

A estrutura de baile mantense, con escolas de base nas parroquias de Ardán, Beluso e Cela e Margarita Pérez, fundadora de Andarela, como directora artística. Tamén a do coro, que seguirá ensaiando os luns ás 21 horas, baixo a batuta de Carme Pereira.

Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela): no centro do Morrazo!  (RETROUSO)





ADUANEIROS SEMPRE CON SENSO!!!

28 09 2007

Naçom de Breogám





MORRASO QUINTA PROVINSIA!!!!

28 09 2007

Mentres o blogue do CIM anunciaba a Asamblea Nacional do CIM na súa sede, un grupo de fanáticos terroristas ecolóxicos afanábanse por botar abaixo a cumbre morracense, na que se estaban a definir os puntos de actuación futura. Dito boicote estase a investigar dende diferentes comandos do CIM, polo que non se descarta atopar a ditos pirómanos nas próximas horas. A xustiza según verbas do propio Marcos da Portela, líder do CIM, xunto con Manolo do Sacho e Toñito Clarete, será facendo honra daquela mítica frase de “dente por dente e ollo por ollo”.

A queima dos nosos montes está considerada como un dos delitos máis denunciados polo CIM, por iso non se descarta que nas próximas horas teñamos un novo comunicado na páxina oficial dos morracenses. Dende a capital do Morrazo especúlase ca interrupción de diferentes actuación previstas para este fin de semán, co fin de solidarizarse cos collos, arkalitos, carballos, piñeiros, castiñeiros, abidueiros, corvos, ratos, serpes e demáis seres que foron quimados vivos por uns asasinos.

Dende Ocioloxía denunciamos e pedimos que os pirómanos sexan tratados e xulgados polo que son, ASASINOS!!!!!!!!!





BAILE E MÚSICA TRADICIONAL EN CANGAS 30/09/07

28 09 2007

imagen150.jpg

A xente que lle gusta a música e o baile tradicional galego teñen unha cita a que non poden faltar. Será o vindeiro día 30, as 20:30 no Auditorio Municipal de Cangas. E que mellor actuación que a celebración do 10º aniversario de Esta noite hai unha fia.