ESPIANDO O VESIÑO
30 10 2007Un día decidín ser do Celta, non o recordo moi ben, pero debeu ser por Maté ou por Vicente. Outro día decidín que estudiaría ciencias puras, inda que o ano seguinte me cambiei a letras mixtas. Fai relativamente pouco me dixen, teño que estudar Socioloxía, inda que o meu propósito era facer Publicidade. Tres meses atrás escollín o color do coche que me gustaría ter, por agora so teño un color, inda non teño coche de meu. Pero o que non consigo recordar é cando decidín que eu era do Morraso!!!!

Quizáis o meu DNI diga o contrario, nado en Verín, provincia de Ourense, pero síntome do Morraso. É algo que se leva por dentro, espero que teña pouco que ver co que Rajoy ou Bono entenden por sentirse español, inda que de bo grado quizáis temos máis cousas en común das que nunca me podería imaxinar. Igual Paquito Vázquez sintese vaticano, da mesma forma que eu me sinto morracense, quen sabe? Espero non demostralo, polo menos da mesma forma.
Vigo a cidade das protestas, do proletariado, do metal e do naval, a que leva a bandeira do sindicalismo por todo Galicia, falando dende o respeto, sobre todo dos nosos amigos ferroláns. Vigo a cidade da reconversión da reconversión, e non falamos de relixión, senón de traballo nos astaleiros. Agora estase a falar de constituir a metrópoli de Vigo, diferentes poderes como Zona Franca ou os Empresarios de Vigo apoian esta iniciativa, na que municipios como os nosos poden chegar a formar parte de dita metrópoloi. Para algúns a solución perfecta para desconxestionar Vigo de tanta empresa e industria, e perfecto para moitos municipios con tasas baixas de industrialización. Para outros a pérdida de identidade, a dependencia dun xigante que é unha apisonadora, a servidume a un novo cacique imposto dende quen sabe onde. E eu que penso? Pois non teño nin idea, o único que sei é que estará ben que por un intre nos deixen decidir os pequenos que queremos facer co noso futuro, non si?
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE, MORRASO QUINTA PROVINSIA
ESENCIA DE LAPO, NA TIRADOURA, 27/10/2007
27 10 2007Comentarios : 2 Comentarios »
Categorías : CONCERTOS
UN ATAQUE O BO GUSTO
27 10 2007Sempre estou pensando na posibilidade de crear unha policía que intente salvaguardarnos do mal gusto, tanto pola moda, como pola arquitectura, … Estaría ben que por exemplo se vas andando pola rúa, e ves a unha moza cunha chaqueta con ombreiras, puideras utilizar o 069 para chamar a Policia contra o mal Gusto e viñeran e a deteran por rompela armonía pública, por que non?! Non se prohíbe tendela roupa nos balcóns que dan as rúas? Pois eu proclamo que calquer forma de mal gusto poida canto menos ser enxuizada, por iso, Ocioloxía, estará onde o mal gusto reine.
Por exemplo, este caso que lles mostro en fotografias, falan por si soas. Non fago comentarios por que sobran.
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : Uncategorized
CARTA O CONCELLO DE CANGAS!!! PARTE PRIMEIRA
26 10 2007Dende Ocioloxia sempre intentamos manternos un pouco o marxe das ideoloxías partidistas e estúpidas que non levan a ningures, procurando achegarnso máis o humor e a crítica social que ó mundo sensacionalista e a prensa amarela. Dende unha postura sinxela, esta que me outorga o non estar afiliado a ningún partido político, podo agora facer diferentes reflexións de carácter social, económico e político, dentro das miñas limitacións, sen ter medo a incurrir en ningún tipo de falta de doutrina partidista.
O caso é que o consistorio municipal cangués, o Concello, e os nosos representantes políticos (representantes: que bonita palabra tan mal empregada por algúns), consideran oportuno loitar contra o botellón. Fantástica idea!!! Bravo!!!! Tirémoslle cacahuetes os monos da Madroa!!! (léase con tono irónico) Unha vez máis a incompetencia da dereita limitada polo seu araico plantexamento da vida social dun pobo como o noso, e a prepotencia da esquerda, cun plantexamento non menos arcaico pero sí máis modélico de cara a galeria, fannos replantexarnos que demos levamos facendo perante todos estes anos. Loitar contra o botellón prohibindo a venta de alcohol en locais como o 24 horas!!!! Fantástico!!!! E unha vez máis tirémoslle cacahuetes os monos da Madroa, ou mellor tiren un político, ou non, igual indixestan, pobres monos!!! (de novo léase con suma ironía)
Unha vez máis, volvo a facerme acopio de moitas reflexións de diferentes mozas e mozos cangueses, o botellón, situado no Heliporto (“O Heli”, pros máis novos, “A Chati” pros non tan novos), ten unha característica perfecta que moitos dos nosos pobos veciños desexarían, ter un eido físico no que a xuventude poida xuntarse, falar, berrar, saltar, rir, cantar, e por que non decilo, beber (que por agora non é delito), sen que ningún veciño cangués poida ter queixa polo ruido e a suciedade que inherentemente ocasiona un botellón.
Pero, aquí hai algo que falla, se non hai damnificados, por que se loita contra o botellón desta forma? Algúns pensarán, como que non hai perxudicados?? Incluso diría máis, cal é a razón máis importante de que isto se faga?? A económica!!!. Ben temos o punto de partida, un punto de partida capitalista e economicista, pero que presupoño que non estará moi desencamiñado. E máis apresúrome a decir quen pode estar detrás de todo isto: FECIMO (Federación de comerciantes e industria do Morrazo) Por un lado, penso que foron os locais de copas, de viños, de tapas de comidas, etc. os que puxeron o grito no ceo, “O Concello permite un botellón pola falta de leis prohibitivas a cerca do consumo de alcohol, ademáis os nosos locais están vasios por que se enchen no botellódromo e logho veñen aquí cejos como raios e non beben nin unha copa (eles chaman copas a esas mezclas etílicas que chamamos garrafón, e qeu inda por riba che cobra un ollo da cara, non sería máis sinxelo por o Dioni na entrada e que roubara a carteira)” Pero, farto de escoitar sandeces deste gremio, espoño o meu punto de vista, e non por isto irrevocable, QUE TEÑEN FEITO OS EMRPESARIOS HOSTALEIROS CANGUESES PARA EVITAR O BOTELLÓN?? BAIXARON OS PREZOS?? OFRÉCENNOS ALGO QUE MEREZA A PENA?? A CALIDADE DO SERVIZO, ENTÉNDASE POR CALIDADE GLOBAL, MELLOROU??
A continuación mostro un escrito de fai tempo, no que presento un pouco a miña ideoloxía, por chamalo de algunha forma, no que sen estar nin a favor nin en contra do botellón, podemso crear un cento de causalidades que fructifiquen nun senso común, o menos común de tódolos sensos.
“Vamos a ver, es muy fácil hacer demagogía con este tipo de hechos
sociales. La perturbación, el desajuste y el balanceo de las bases
sociales desestabilizan la organización política municipal,
autonómica y estatal, falta revisionismo de leyes, la inamovilidad no favorece a nadie, o si?. Las bases predispuestas desde los organismos
públicos no son realizadas y pensadas de manera eficiente. Se ha
trastocado los lindes del fanatismo al querer prohibir algo a nivel
nacional, cuando en la mayor parte de las localidades de Galicia,
por ejemplo, no existe un serio problema con el botellón
(exceptuaré A Coruña). Los periódicos, televisiones y radios, han
demagogizado con gran sorna al Botellón, pero el Gobierno (ya sea
azul o rojo) no ha querido presentar una propuesta real al
problema, ha preferido limar asperezas con los sectores
victimizados del botellón, con el fin de ganar votos. De esto se
trata en este “país”, hacer política no puede ser prohibir, hacer
política es, a veces, tomar decisiones. Gobernar es pactar, pactar
no es ceder!!!!
De todas formas y volviendo a la base de tu comentario, sin ánimo
de lanzar palabras hacia la galeria, intentaré darte un ejemplo en
el que de la manera más didáctica posible, pueda expresar mi forma
de pensar. Creo que se está relativizando demasiado, a la hora de
querer una ciudad sin contaminación acústica, pero en Mos o en Alvedro, existe un aeropuerto, que lejos de cumplir con los
parámetros designados por ley de máximo de decibelios, se le prepara un cobijo social, amparado de una legislación que se vuelve
siemrpe contra el que menos puede defenderse. Con el fin de
>demonizar, y dar a la sociedad un ejemplo a seguir. Cuidado no te
conviertas en la oveja negra!!!
Este es un ejemplo sobre el ruido en los botellones y el ruido en >>los aeropuertos, pero y en cuanto a la limpieza. Los puertos de
trasatlánticos, pesqueros y mercantes de Vigo o Coruña, dan
verdadero asco, son lugares habilitados para la suciedad y la
limpieza pues brilla por su ausencia. Mis montes están llenos de
vertidos incontrolados, colchones, botellas, pláticos, lavadoras,
se amontonan en medio de pinares o robledas.
Espero que de alguna u otra manera haya sido un poco conciso en mi
punto de vista. En el cual además he evitado entrar en causas
económicas, lo que mueve el mundo, y que de manera implícita está
en cada una de mis palabras.”
PRA REMATAR QUERON NON PEDIR DISCULPAS A TODOS AQUELES QUE SE SINTAN ALUDIDOS, XA QUE ISA É A MIÑA INTENCIÓN, DENUNCIAR A INCOMPETENCIA SOCIAL, ECONÓMICA E SOBRE TODO POLÍTICA DE RESOLVER UN PROBLEMA QUE NOS COMPETE A TODOS.
MEDIDAS SÍ, ESTUPIDECES NON!!!
Comentarios : 10 Comentarios »
Categorías : BOTELLÓN
SOMOS DO MORRAZO
21 10 2007Finita, que non é a muller de Finito de Córdaba, e Carmucha, veñen de vendelo “peis” na praza de abastos, ou como elas mesmas din: “na prasa”. Son mulleres bravas, das que non lle cuspe ninguén enriba, son mulleres con tantos anos como enrugas teñen nas súas facianas, cunha tez morena e cuns coloretes constantes, como se lle pegasen o tintorro. Elas fan o que lles peta, por exemplo, elas non quedan na fonte da alameda, senón que o fan no “chafaris”.
Son mulleres fieis, bravas, relixiosas e sobre todo cunha rutina que é difícil de romper. As cinco érguense, as 13:00 empezan a facer a comida, as 15:00 póñense a ve-lo parte, as 16:00 a telenovela (durmen a sesta), as 19:00 están pensando na cena e as 21:00 están preguntando en que bar estará o seu home. Se non chega Manolo saen a dar un paseo, en parellas ou trios, van a paso rápido, polo peirao ou pola marina, van cara Rodeira como se lles foxe a vida nelo, a un paso nervioso e constante. Van falando todo o tempo, “que si o fillo de Carmucha está enjanchado as drojas…, que si a moza do neto da Rosa está estudiando pra médico…, que si o alcalde resiviu a Florensio no despacho…” Cando se acaban as conversas, sempre queda recurrir a temas trivais, o tempo é un dos seus preferidos pero sen facerlle feos o gran tema dos dores e penurias que atravesan, inda que cando xuntamos os dous temas, tempo e dores, temos o tema trival estrela, “que si a neboa esta estame a dar un dor de pernas que nin o demo,…”
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE
A SEGUNDA PEOR RÚA DO MUNDO (2ª PARTE)
21 10 2007Xosé Alexandre Cribeiro un histórico comunista do PC, morre no ano 1995, xusto no ano en que a coñecida Rúa do Chouriso, pasa a ser oficialmente Rúa Xosé Alexandre Cribeiro, inda que ninguén pregunte pola rúa Cribeiro, xa que ninguén a coñecerá. De tódolos xeitos Ocioloxía vai facer unha proba, mandando unha carta a unha casa elexida o azar de dita rúa, pondo no enderezo destinatario Rúa do Chourizo, chegará??
Dende fai uns anos os veciños da Pedra Alta vimos como esta simbólica rúa, pasou de ser un camiño de penedos a un camiño asfaltado e minado, minado de coches e de excrementos como xa comentamos na primeira parte deste post. Por outra banda, a iluminación tenebrosa e un asfalto máis ben arcaico. Dende sempre, Ramón “O Raiote”, foi un home acostumado a vivir nun estado fronteirizo, el sempre decía, “despois de vivir na Juardia, dixen, ajora necesito un pouco de trankilidade, así que compreime un terreno na Pedra Alta, que antes era moi lonxe de Canjas, ajora está cheo de cadelos que mexen e cajan máis que cuartos jañan os bancos” O Raiote, é un tipo especial, non fala moito, tan só mira, cando vai xogar a partida el é o mellor cos signos, no mus chámanlle Ordajo, é un gran xogador de cartas e un gran campeón chimpando claretes as doce da mañá.
Moitos síntense identificados conese home sin lingua, calado, con cara de poucos amigos, cun pasado máis ben escuro, sábese moi pouco do home da Juardia, tan so que andaba traballado de Guardia Civil, perseguindo os contrabandistas, que por aquel entonces non era o mesmo que agora. Despoís por non saber, non sabemos se ten fillos, muller ou irmáns, pero que máis da, el é un veciño do Chouriso.
Comentarios : 7 Comentarios »
Categorías : JABINETE DE CRISE












Comentarios recentes