VIDEO COMPIES
12 11 2007Preséntovos o video que fixo un primo meu, que non ten nada que ver co primo de Rajoy nin nada polo estilo. Guti, así se chama, fixo un traballo que merece ter un espazo neste blogue, polo que espero que votedes por el en www.mapie.es, polo de momento xa gañou un premio de cervexa gratis pra un ano, podredes ver a foto das caixas de estrella no seu blogue (barnikel)
Espero que vos guste como me gustou a
Comentarios : Non hai comentarios »
Categorías : CINE
O CIM, AGORA EN CINTA!!!!
12 11 2007Da man do CIM nos chegou este casette que mostra a declaración de intencións da banda morracense, nela podemos encontrar os manifestos pronunciados polo propio Marcos da Portela, tamén encontramos outras curiosidades como unha entrevista o líder espiritual Manolo do Sacho e unha xuntanza con Toñito Clarete. Por outra banda outros membros do CIM, que permanecen no anonimato, contan chistes, contos e cantan os himnos nacionais do Morrazo. Na cara B podemos escoitar unha e outra vez (durante 30 minutos continuados e sen descanso) o tema que abandeira o movemento bateeiro e separatista, o Alfonso da Herba.
Comentarios : 2 Comentarios »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA


Comentarios recentes