EXTRAÑOS PARECIDOS

28 11 2007

bng.gif

pp.gif

psg.gif

A veces dame a sensación que o meu avó non andaba tan desacertado cando decía, “meu neto, has de saber que todos che son iguais, senón por que ansían todos da mesma forma o poder” Eu sempre fun reacio a esto, máis ben por un aquel romántico que por outra cuestión ideolóxica, inda que cos anos vas mudando ese perfil soñador, e pousando un pouco os pes no chan. De vez en cando volvo a axitar a miñas ás de revolucionario doutra época, máis propio do maio do 68 que da loita implacable e crispante a que nos leva a política social dos partidos “galegos”.

Unha vez máis quero agradecer a Desenho Galego o feito de achegar un pouco máis a fantasía a realidade social da nosa terra, deixando de lado aqueles fins partidistas dos cales  é mellor afastarse para comprender a situación actual. O feito en sí, as eleccións xerais do próximo marzo, están máis preto e iso vólvese a notar nos políticos galegos, facendo outra vez demagoxia, sen achegarse de preto os verdadeiros problemas dos cidadáns, como a vivenda, o traballo precario, o cambio climático, as infraestructuras, o transporto ou mesmo a sanidade e a educación, verdeiros pilares de toda sociedade que quere facerse chamar moderna. Agora estamo inmersos nun partido de rugbi, no qeu cada un tira por diante a quen pode, sen ver o qeu realmente pisa, que as veces esmaga sen importarlle nada.

Volvo como sempre a deixar en vós o camiño da reflexión, tendo por outra parte a miña elección moito máis indefinida que noutras ocasións, polo momento a descansar de tanto politicucho, que boa falta nos fai.