ANDY WARHOL

30 12 2007
3Andy-Warhol-Cow-1-




O NOSO AGASALLO DE NADAL

24 12 2007

TOCOUNOS O GORDO! Bueno non exactamente, pero acertamos os dous últimos números do 1ºpremio de nadal. E levámonos esta estupenda cesta que sorteaban no Ambigú. A cesta está ou mellor dito estaba chea de cervexas, xa vos irei dicindo que tal estaban.

CIA OCIOLOXÍA está entón de noraboa, xa que os catro euros invertidos foron máis que ven superados con esta cesta.

imagen031.jpg





PLATAFORMA CIDADÁ CONTRA O MULTA-MÓBIL.-

24 12 2007

En Vigo (capital das olivas, ou algo así) teñen unha das plataformas cidadás mái coñecidas do territorio galego. A súa pretensión é que o Concello elimine o multa-móbil alegando non sei moi ben o que.

O caso, a Plataforma ten un coche, moi parecido o multa-móbil, un Citroen C2, branco e vermello, que recorre as vias viguesas en busca de tampouco non sei moi ben o que. Como se subvenciona este coche e como hai xente con tanto tempo libre son  cuestións que nunca podrán ser resoltas.  Esta mañá cruceime co dichoso carro, e que raro, estaba aparcado en dobre fila, en pleno García Barbón e  o ir a tirarlle a foto, saliu escopeteado.

Espero poder ter máis noticias deste coche, polo menos poder fotografialo en outra perspectiva mellor.

imagen034nova.jpg





EN MARÍN TAMÉN HAI BOS ARQUITECTOS

24 12 2007

Aquí temos un claro exemplo do galgo-constructor (lease como se tivera acento a “u”). Esta foto foi sacada fai unha semana en Marín, en pleno centro. E presenta todas as características dunha casa galega. Un contrachapado de aluminio, ladrillo 100% galego, …

imagen029.jpg





ROBER BODEGAS, DENDE CORUÑA CON RETRANCA

16 12 2007

Coñecín a este monologuista fai un par de días, e a súa expresividade e naturalidade nun escenario non deixa de sorprenderme. Gústame ver que a retranca galega está viva de verdade, con xente como Rober Bodegas podemos disfrutar de humor autóctono, e non ter que estar vendo a Morancos ou Chiquitos.

Miren neste video como Chiquito aplaude por compromiso, non entende o noso humor…





CESAR DE CENTI

9 12 2007

É o romántico que me nego a admitir que xa morreu, ese pasado que sempre escoitas que foi mellor, pero que agora inda pode ser presente, e que por momentos négaste a combatelo olvido. Noutras ármaste de valor e saes con paso firme a rúa, cos cascos a todo volume, escoitando unha de Pearl Jam ou quen sabe unha de Paco Ibañez, por que non? Sentindo que esa música é como un escudo contra os males deste mundo.

Entón te pregutnas menos mal que me acompaña soledade, e algún día voltarei con ela para derrotala. Quen sabe  onde irá a para a moza da primeira fila, pero ese día que a atope estarei escoitando a Cesar de Centi combatendo o teu olvido. Gracias Ce.





QUE FACER CANDO SE MARCHA O JEFE

8 12 2007

Traballar? Pois iso non é o que fixeron os deta oficiña, a verdade é que parece que o clima laboral é idóneo, non sei si para traballar ou para evitalo extres. Por outra banda parece que os riscos laborais non se mediron acorde cas actividades que se realizan nesta empresa.





6 12 2007




DREAMS OF DOLLY SHEEP no SALASON

6 12 2007

VENRES 7 DE DECEMBRO ÁS 23:00 H
ENTRADA 4 €

475815c8eb620580285679_m.jpg



Dreams of Dolly Sheep acolle a músicos de distintas procedencias e estilos: Miguel (baixo) e Candido (voz e guitarra), procedentes da primeira etapa do grupo; Alberto (baterista), ex-RedRum; Juan (teclado) e David (Guitarra) forman un sólido conxunto de ritmos e sensacións.

Cun son persoal, difícil de clasificar nun so término, bebendo de diferentes fontes (The Smashing Pumpkins, Mars Volta, The Cure, Queens of the stone age, etc…), e unha solidez en directo demostrada en múltiples concertos, “Dreams of Dolly Sheep” espera moito do 2008.

Será no SalaSon donde poderán intentar, de novo, compartir co público todos os soños que lle pasan pola cabeza.

http://www.myspace.com/dreamsofdollysheep

(Extraído da páxina DelMorrazo.com)





AUTÓCTONO E DE RASA!

6 12 2007

Son as oito e pico. Fai un día caralludo, vai algho de frío, pero ben se aghuanta. Na porta da taberna do Braulio, un vello cun caxato vai amodo cara a casa, a Carmiña, a muller do vello está farta de ir a buscalo a tasca, “sempre se pasa cos viños, e lojo claro, non clarea, e non será polos claretes que leva ensima”-di Carmiña cada vez que vai a busca-lo home. Mentres uns homes xogan a partida na mesa do fondo, son O Formigha, O Visente (que creo que se chama Vicente), O Remollos e O Repichoca, son campións do mundo xogando o dominó ebrio, unha modalidade que puso de moda o Braulio alá polos anos cincuenta, cando inda andaba no mar.

Cando O Braulio volvía a casa, o primeiro que facía era xuntar os amigos na mesa que ten enfrente da taberna que hoxe rexenta, collía catro cuncas, e catro botellas, e entón soltaba a típica frase del: “bebede ata que estralen os oidos” O Braulio sempre foi un home de poucas palabras, máis ben é un home de actos como el mesmo se define. A súa muller a Finita, sempre dí del, “é dos que che din unha ves na vida, quérote tanto como o Formigha quere o viño”

A partida do dominó ebrio é todo un espectáculo, eles xogan e falan a vez das cousas do pobo, comentan as obras que foron a ver pola mañá, os barcos que chegaron do mar, e se non hai nin obras nin barcos, pois a falar do tempo e dos dores de espalda. O outro día incluso o Repichoca levou a un primo de Ramirás, un pobo perdido da man de deus “onde da a volta o vento” e seica acabou pedindo papas, “non puido rematar a quinta tasa de viño” seica tiveron leria a conta do primo unhas duas semanas.

Estes pequenos imprevistos son os que rompen a rutina de tódolos días, iso máis cando ven o señor Atilano, un vello emblemático, un home respetado por todos, o que chega a barra e sen decir nada se lle planta unha cunca de viño tinto. Ese home que fala pouco, pero cando fala “pares un filósofo” A súa achejada é unha muller trinta anos máis nova que el, e parece que inda funciona na cama, pois xa lle fixo tres fillos en cinco anos que levan xuntos, bueno realmente ou oficialmente son solo tres anos os que levan xuntos. A ex-muller cachouno nunha carballeira ca achejada e deixouno, ou polo menos eso é o que dí ela.

taberna-moro-1954.jpg

1954, este fai o primeiro día que o Braulio dixo, “non volvo o mar, e non volvo gastar noutro bar que non sexa o meu, os viños agora que mos paguen a min”. Aquí está a pandilla enteira do Braulio (primeiro empezando pola dereita, leva un crespón negro na brazo esquerdo, que o puña todos os domingos “para recordar a Cristo” ),o que ten a lingua de fora é o Formiga e o terceiro pola esquerda é o Castellano, un que xa morreu fai un par de anos, e que se ganou o apodo por que emigrou a Venezuela e cando volveu decía que xa non sabía falar galego (ata que levou unha hostia cun rastrillo e dixo: “carallo pro angaso”) O neno que aparese na barra e o primeiro fillo do Atilano (primeiro pola esquerda), hoxe o neno ten cuarente tres anos, e anda entrando e saíndo do Proxecto Home. Por certo, como verendes na parede colga unha foto do hola da Marilyn Monroe, esta mesma foto está hoxe na Taberna, e o Braulio inda suspira cando pasa por diante dela.