Dende fai xa ben tempo estamos a procura de novas que nos acheguen un pouco máis a realidade actual do grupo CIM. As noticias son escasas e en moitos casos confunsas, a difusión destas son vertidas por organizacións alleas o movemento, e en todo caso contrarias a ideoloxía separatista e bateeira que Manolo do Sacho, Toñito Clarete e Marcos da Portela levaron adiente perante un 2007 cheo de dificultades. Atrás quedaron momentos duros e ataques dende posicións conservadoras, recordaremos o posicionamento dalgúns medios, o intentar atribuir certas accións o CIM sen conseguer os resultados esperados.
Dende entón moitos foron os apoios que o CIM recibiu, e moitos foron os que se amolaron de ver como a iniciativa real do Morrazo morría en calquer estrada rumbo a Vigo. Dende a máis absoluta clandestinidade sempre saíron o paso de forma elegante, ca pretensión de mellorar a calidade de vida dos morracenses, tan vulnerables pola proximidade de Vigo, e quen sabe se este será o ano da famosa cidade metropolitana de Vigo, e agora non teremos os paramilitares para avisarnos.
De tódolos xeitos movementos cercanos ideolóxicamente o CIM falan dunha renovación de cara os próximos comicios municipais, no que adoptarán unha forma democrática, co fin de levar adiante aqueles proxectos que parece que se negan a morrer no camiño. Así as súas máximas, como a adhesión das Cies o Morrazo, a ampliación ate Vilaboa da bisbarra, e a ampliación do Concello de Marín ate Salcedo e Lourizán, parecen ser parte da innegable pretensión do sentir morracense, que lonxe de morrer trala desaparición momentánea do CIM, parece rexurdir con maior forza en momentos de tormenta.
Comentarios recentes