NUNCA MÁIS

19 01 2008

Cando moitos gritamos nas rúas “Nunca máis” referíamonos a que nunca máis pasara o que pasou aquel 13 de novembro de 2002. De novo, os xornais desta semana dedicaban noticias as aves petroleadas que chegaron as costas galegas. Moitas son as hipóteses, pero o caso é que voltamos a ver como o chapapote anega de punta a punta o país. Danos igual quen fóra e quen sexa, agora ben que paguen como terroristas ecolóxicos. O problema é que seguimos igual qeu fai cinco anos, nin buques anticontaminación, nin remolqueiros potentes nin nada de nada. Que temos que facer? Cal é a solución que nos ofrece Madrid e incluso Bruxelas, moitas veces máis preocupado de sancionar qeu de dar solucións.

Estamos fartos das mentiras, estamos fartos da dereita e da esquerda española que deixan que un país morra. Non queremos caramelos se logo temos qeu pasar fame, insíname a comer para non morrer. Para qeu queremos un AVE, se o final non temos uns cercanías qeu funcionen. E inda así, disque retrasan as obras dous anos máis, pero a quen pretenden enganar!.

261563725_81bd2b86e7.jpg


Accións

Información

Deixa un comentario