27
01
2008
| |
| |
| Zeltia |
| |
É o cuarto grupo biotecnolóxico europeo. Nun país onde o investimento en I+D está pouco menos que proscrito, Zeltia figura entre as oito primeiras empresas españolas con maiores partidas para unha causa perdida: a investigación. Foi a empresa do mundo -líder mundial no descubrimento de novos fármacos de orixe mariña contra o cancro- que máis revalorizou en Bolsa no último decenio. Coa maxia do mar -onde arrinca a vida hai case 4.000 millóns de anos- a empresa fíxose cunha librería de organismos de 42.000 mostras: a estadounidense Wyeth ten a segunda, con só 3.000. Zeltia nace hai 67 anos, como escisión do laboratorio Servet en Vigo. Corría o 1942 cando salta a primeira marca comercial de éxito: o ZZ, un pesticida aínda vivo na memoria de varias xeracións, máis alá de Galiza. |
« Bichero
MORRASO QUINTA PROVINSIA »
Accións
Información
Deixa un comentario
Recent Comments