MORRASO QUINTA PROVINSIA

28 01 2008

O afán de lograr un apoio mediático, era, é e será un dos principais obxetivos do CIM. Os morracenses estiveron sempre en contra dos medios afíns a os partidos de Madrid, polo que agora, como xa adiantara Cia Ocioloxía, nace un novo aparato dentro do Comando Independentista do Morrazo, será o chamado Informasión e Radiodifusión Morrasense, que retrasmitirá para todo o Morrazo baixo o amparo de Radio Morrazo FM.

Especúlase ca posibilidade que Lurú Rosquilleiro sexa o home que leve adiante este novo proxecto. Lurú, con ampla experiencia no sector, é a última fichaxe dos separatistas, e foi presentado por Manolo do Sacho en rolda de prensa o pasado venres día 25. En declaracións a Ocioloxía, Manolo do Sacho dixo que nin Pizarro nin Jallardón serán quenes de acaparar tantas primeiras páxinas como Lurú, que por outra banda, dixo que ven a servir o movemento, e que económicamente sae mal parado. Recordemos que o novo fichaxe estrela ben de deixar a prexidencia executiva dunha multinacional de altofalantes, máis ben de coches ou furgallas con altofalantes, cos cales dí que amasou unha fortuna

Agora e tras moito traballo, según fontes cercanas os bateeiros separatistas, chega as nosas mans o que será o “logho” da RM (RADIO MORRASO FM)

rm_radio-morraso.gif

Accións

Información

Deixa un comentario