MORRASO QUINTA PROVINSIA
29 02 2008O CIM volve como o turrón polo Nadal. Voltamos a ter na escena político-militar os gherrilleiros do Morraso. A campaña electoral despertou do seu letargo invernal a Manolo do Sacho e os seus compinches. Agora o motivo non é outro que a sarta de mentiras vertidas polos partidos ProMadrid, según as propias verbas do dirixente morracense. O de Meiro, Toñito Clarete, negou a participación do CIM na batalla política por discrepancias cos poderes estatais. Por outra banda a reacción do de Aldán, Felisiano Bertorella, do aparato propagandístico, dí estar moi satisfeito ca incorporación de Lurú o convinado de estrelas que “aupará o CIM ate o máis alto, tendo como prinsipal consecuensia a separación do Morraso co resto de Pontevedra, a anexión das Sies, Ons, Vilaboa, Salsedo e Lourisán, e a inminenete chegada da Sede da Consellería de Pesca o Morraso”.
Os guerrilleiros lexos de escapar do panorama social local, intentarán voltar con máis forza. Este pode selo titular da rolda de prensa da tarde de onte, na que os paramilitares portaron camisolas cunha frase que dicía: DENANTES MORTOS QUE VIGHESES.

Por outra banda Toñito Clarete e o resto dos integrantes do CIM, voltaron a insistir na manipulación dos medios, atacando insistentemente o Faro de Vijo e o Atlántico, chamando os seus dirixentes “Muxos e Javiotas“. A formación parece ter un sentido claro a autodeterminación bateeira, e esta só é posible se as forzas se unen. Para elo chaman a cidadanía a falar dende o respeto, pero sempre co rencor xusto, estas palabras que non poden ser moi entendidas están a ser analizadas polo noso equipo, por se trae un mensaxe encriptado. Namentres só decirvos que si algo pasa alí estaremos.
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : MORRASO QUINTA PROVINSIA
ESCUDO DO VALENCIA C.F.
29 02 2008A vergonza alíase unha vez máis para darse cita no periodismo deportivo, ese recuncho de información no que todo é posible. Calquera pode ser comentarista deportivo, e incluso para ser tertuliano non fai falta nada, simplemente decir “por que no llevan a Raúl a la selección”.

A última do periodismo deportivo é a falta de respeto os aficionados ches o mostrar o escudo do Valencia cun logo do PP. O partido de semifinais da copa foi o escenario para mostrar tal aberración, e o que é máis curioso T5 dice que foi un erro dun traballador que descargou a imaxe de Google e non se deu conta. Xuzguen por si mesmos. Aquí teñen o ERRO do traballador de T5, que seguramente non pasou ningunha censura, (non o creo)

Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE
“NA POCHA NON HAI RIVAL FÁCIL”
26 02 2008Resulta que Felisindo, Javiota, Tonecho e o Braulio xogan a final da Pocha na taberna do Pallín. A prensa está reunida o redor da mesa de “ajlomerado” (como dí o taberneiro). Enriba da mesa catro copas de caña de herbas, un par de viños e uns “persebes de terra” ou cacahuetes. Felisindo é o vixente campión de Pocha na de Pallín, torneo que ano tras ano vai gañando adeptos. O que empezou como un xogo entre amigos converteuse nun torneo no que inda que non se gañan cartos pode perderse o honor, como o mesmo Braulio comentou a micrófono pechado a un compañeiro dos medios. O partida comezou algo trabada, o Tonecho, tamén coñecido como o Tatexo, foi o encargado de repartila sorte, dando comezo a vixésimo cuarta edición de Pocha na de Pallín.
Para esta ocasión o Pallín saca as mellores galas, trae uns chourizos de Xinzo que lle manda o seu cuñado, o viño é sempre o mellor da taberna e el vai vestido cun traxe que ben recorda os defuntos no féretro. Convoca os medios unha semana antes para dar unha rolda de prensa co vixente campión, e presentar os aspirantes o título mundial de Pocha. Fala sempre de título mundial xa que dí que para el é un mundo, e que non coñece outro torneo ofisial de Pocha.
Tras uns comezos un tanto complicados, os nervios apodéranse do Javiota e pronto queda descolgado da cabeza. Boa parte da partida é controlada polo Braulio, pero a medida que baixan as herbas bravas pola gorxa, baixan tamén os puntos. Desta forma chégase a última tanda co Felisindo e o Tonecho separados por cinco puntos. Unha boa man do de Cunchido, o Felisindo, permítelle in extremis facerse ca vitoria.
O final da partidas os medios agólpanse para conseguir as primeiras declaracións do campión. O Felisindo, un experto en facer declaracións, responde con soltura e con alegría contida: “A Pocha é así, non hai rival pequeno, hai que xoghar ate o último minuto”
Na imaxe, temos os catro aspirantes a ser campións de pocha, e no centro o Pallín. Empezando pola dereita: Tonecho, Felisindo, Pallín, Braulio e Javiota.
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE
NO TODO FILMS: UNHA OPCIÓN INTERESANTE.
17 02 2008Interesante video que me pasou un amigo que penso que é moi impactante. A voz do neno dalle un aquel que,…, fai recapacitar sobre a realidade social.
Comentarios : 1 Comentario »
Categorías : CINE, TARDE DE DOMINGO
FEISMO DESTRUIR UN PAÍS.
9 02 2008Feísmo destruir un país é unha obra que se leva realizando perante moitos anos no noso país, pero agora foi recopilado nun libro. Agora pasamos a transcribilo prólogo:

XESÚS ALONSO MONTERO, no prólogo do libro.
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE
UN ANO SEN UNHA NOITE
9 02 2008
Este ano a Asociación Cultura de Mozas e Mozos de Beluso non organizará o que estaba considerado o pai dos festivais no Morrazo, A Noite do Trasno. Un festival polo que pasaron grandes grupos galegos e estranxeiros, como os Diplomáticos de Monte Alto con Souto a súa cabeza.
O botellón, a falta de axudas, as dificualtades burocráticas para conseguir permisos, o desgaste, a falta de novos membros, e máis condicionantes parecen que se xuntaron para que a plataforma de Beluso dera o comunicado que ninguén quería escoitar, pero que todos parecíamos temernos.
Chega entón un ano, ou máis en concreto un verán, sin un dos fines de semana máis importantes do almanaque morracense. Ben é certo que sempre nos quedará o Festichán, que parece que consolida cada ano o seu festival, ou o Festivalinho que nos empurra a Carballeira de San Amaro, pero tamén é certo que os tempos que corren non son optimistas para os nosos festivais. Dende Ocioloxía sempre insistimos en que un festival de balde depende da caixa que se faga nas barras da organización, e non nos botellóns paralelos. Se a isto engadimos a baixada da venta de “merchandising” estamos ante garfo sen miñoca.

A suspensión da Noite do Trasno súmase a outros proxectos que quedaron no camiño, como o Herba e Son de Liméns, ou o Terra de Sons de Aldán. Pero gracias a aquelas andainas abríronse novos canles de comunicación, novas oportunidades, e sobre todo, e o que é máis importante, que a xuventude se de conta de que é posible a creación de festivais, pero que non é posible mantelos sen unha implicación do público.
Gracias Trasnos, esperamos a vosa volta no 2009!!
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : FESTIVALES
CENTOLO FACENDO “SNORKEL”
6 02 2008“Sentolo fasendo snorkel, Sentolo fasendo snorkel” Escoitase na radio do Edelmira II.
Fai un día perfecto para a práctica da actividade preferida do “Formigha” (o home da Edelmira). O que máis lle gusta é ir a resolvelo mundo na súa embarcación motorizada, unha antiga gamela cun motor de 25 cabalos, “son sufisientes e perfectos para ir a coller polbos, vas o ritmo deles, botas a liña e pican como muxos”. Namentres o Formigha tira a liña, Susito, o seu neto, cun cigarro rubio prendido entre os beizos, vai levando a gamela a vabor e estribor, “un fora de serie, un fenómeno”
Comentarios : Deixa un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE





Comentarios recentes