Dar un paseo por Massó é achegarnos pola Rúa do Salgueirón (non polo Arrecife, eso debe quedar moi lexos, pero non en Cangas). Enfilarmos a nosa andaina deixando os lados as antigas casas dos traballadores da factoria, mentres o outro lado os frigoríficos parecen contemplar a fachada prinicipal do edificio do século pasado. Dende o lonxe xa divisamos a torreta, e podemos ler en letras azuis no seu cumio: Massó

Dar un paseo por Massó e ver a antiga conserveira, que antano foi unha das máis prestixiosas de Europa, custodiada pola Gardería Infantil, os vestiarios, e máis a fonte, a que de nenos chamábamos Cibeles. Moi preto están as escaleiras que levan cara o Hotel de Massó, unha casona de primeiros de século que parece resistir o embate dos tempos modernos rodeado de grandes árbores que parecen gardar os segredos deste edificio enmeigado

Máis adiente atopamos as antigas cetareas, e naves de almaceamente de aparellos, xusto do outro lado moi preto de onde se asenta a espectacular cheminea de Massó, que divisa todo o territorio polo que se espallan os múltiples edificios .

Dar un paseo por Massó é visitar a baleira, hoxe unhas ruínas que conservan o chan de madeira, no que se despiezaban os cetaceos. Seguimos e atopamos os salazóns e o “muelle roto” no que unha pintada dí: Non o Porto!!

Dar un paseo por Massó é dar un paseo pola historia viva do Concello.

Comentarios recentes