MORRASO QUINTA PROVINSIA
17 03 2008O CIM (Comando Independentista do Morraso) fixo pública a súa carta de propósitos para a primavera que entra. Nela redáctanse os puntos básicos que a organización bateeira e separatista levará adiente nos vindeiros meses.
O comunicado fíxose púbico nunha batea de Aldán, reivindicando así un dos seus primeiros puntos: “Unha provinsia onde o respeto polo medio sexa a súa arma propagandística” Manolo do Sacho, Fermin de Meiro e Lurú foron os encargados de ler o comunicado, de novo e unha vez máis cargado de tensión. A cita non foron invitados periodistas como Juan Calvorota, co fin de evitar males maiores, do mesmo xeito qeu Toñito Clarete, home dunha forte personalidade, non estivo presente a hora de ler o comunicado.
O Subcomandante Marcos da Portela, fixo unha aparición por video conferencia, reservándose a súa residencia co fin de evitar que as forzas de opresión pontevedresas acabaran por detelo. Lurú foi o encargado de colocar os altofalantes para que se escoitara en boa parte da Ría de Aldán, el mesmo e sen axuda de gravadoras conseguiu dar un discurso que pasará a historia.
Os puntos que tratou o CIM neste chamado Encontro polo Medio Morrasense foron os seguintes:
1.-Respeto polo medio natural do Morraso, como único e de carácter inneghociable.
2.-Declarasión da Fragha de Coiro, Ermelo, Castiñeiras e Chan d´ Arquiña como Reservas da Biosfera.
3.-Recuperasión do Casco Vello de Cangas, Bueu, Moaña e Marín.
4.-Anexión inneghosible de Vilaboa, As Síes, Ons e as parroquias de Salsedo e Lourisán.
5.-Creasión dun observatorio histórico en Donon, garantindo a recuperación da arquitectura popular na zona, evitando a proliferación de jalpóns, e restaurantes-jalpón.
6.-Proclamación do furancheo como medida de cohesión sosial no Morraso.
7.-Alfonso da Herba é o cantar popular máis arraigado a ideosincrasia morrasense e polo tanto debe figurar en todo acto ofisial.
8.-O Entroido do Hío é unha festa que debe ser conservada.
9.-Posta en marcha do peaxe a inversa, será pajado por todos aqueles foráneos que intenten vir a praia co seu camping-jas e ca familia o compreto.
10.-Non teremos desdobre do Vial do Corredor. Non se marxinará máis o pobo de Coiro, Meira, Domaio e da Meixoada.
11.-O progreso da Provinsia está íntimamente ligado ca desaparisión do arkalipto, prinsipal enimigo dos morrasenses. O Morraso será a primeira provinsia galega 100% de bosque autóctono.
12.-O Morraso está en loita, en loita pola marxinación sufrida dende tempos inmemorables.
13.-O barco a Vigho é será unha aposta de futuro, así como todo o servizo público de transportes.
14.-O Morraso non será patícipe da proliferasión de constructoras que veñan a enriquecerse pavimentando e encementando
15.-Massó é do Morraso e polo tanto será do pobo morrasense.
Este foi o comunicado qeu leron os separatistas. O término do acto, os gherrilleiros levantáronse na batea e co puño en alto cantaron o Alfonso da Herba, acompañados dun ghaiteiro qeu secuestraron en Pinténs (o ghaiteiro atópase en perfectas condicións, e algúns dín que segue tocando na batea)

O pé o ghaiteiro co seu fillo, o cal é un coñecido restaurador de Donón.
Avante CIM!
Ademais introdusiron unha pragha que acabará cos arkalitos morrasenses en pouco tempo:
http://chuza.org/historia/gonipterus-scutellatus-patriota-galego-ii
cual es tu coeficiente