PIRATAS DO RÍO BOUZÓS

27 04 2008

Chega a nova que impactará na sociedade morracense perante a próxima semán, e dende este espazo intentaremos darlle a maior cobertura que sexa posible.

Os Piratas do Río Bouzós teñen atemorizado a boa parte do vecindario das aldeas de Verín, Retirosa, Parada e parte do Tromentelo. Os piratas fixeronse fortes nesta zona impedindo a circulación de mercancías moi valiosas para os tempos de crise económica que vivimos. Quizáis sexa este o motivo qeu levou a estes corsarios de Coiro a utilizala violencia para gañarse a vida.

Moitas fontes apuntan a que o CIM está detrás de todo isto, pero polo momento tan só podemos falar de especulacións, xa que ningún home de Manolo do Sacho fixo declaración o respeto. O secretismo chega ate límites dificilmente alcanzables, polo que podemos asegurar que será moi complicado poder conseguir unha entrevista con algún destes mariñeiros de auga doce.

Polo momento tres veciñas foron atacadas na tarde de onte, a altura do Bar Jurásico, namentres que na tardiña do xoves pasado, un veciño e o seu can desapareceron cando ían a dos Feos a bota-la partida. Ate agora non temos noticias do secuestro, nin tampouco existen testemuñas sobre o feito. Na parroquia de Coiro reina o descontrol, e Don Benito invocou a tódolos santos para que deixen caer un maleficio sobre todos aqueles que están facendo o mal nas aldeas que rodean a Devesa de Coiro. Don Benito, magnate clerical morracense, xa tivo declarado noutras ocasión que aboga pola independencia de Coiro, querendo que se  instaure unha RFC (República Federal de Coiro), na que el mesmo exercería de Rey, (os intentos de explicarlle que nas repúblicas non existen reis foron inútiles, e Don Benito segue ca teima de selo Rei de Coiro pola gracia divina).

Ate o momento esto é todo o que Ocioloxía pode ofrecer como información veráz e seria. Todo o que se diga a partir de aquí carece de sentido da rigurosidade saltándose como non a obxetividade periodística que caracteriza este blogue. Por istes e outros motivos que non son precisos definir (é domingo e non temos gañas de traballar) non diremos nada máis do caso, eso sí, xa sabedes que  cando pase algo máis, estaremos alí, e vos seredes os primeiros en estar informados.

Continuará…