Pasaron xa varias semanas dende que os corsarios de Coiro decidiron tomala xustiza pola súa man. Agora xa non existe control na parroquia de Cangas, as meigas escaparon, a Casa da Mangallona agora é o núcleo central do pirateo popular e revolucionario de Coiro, o Jurásico e mailo dos Feos son locais onde a tensión se corta con coitelos. O caso a cousa está moi mal.
Polo momento Raimundo “Sijarrillo Apajado”, coñecido tamén na zona como o “Juapo con Jota”, acaba de testificar que miles de litros de tinta femia, e de blanco turbio, foron adulterados con químicos. O caso é que a xente non se fía. Moitos cangueses prefiren non achegarse ate a brava zona de Coiro, recoñecida por Don Benito primeiro “O Grande” como estado republicano e libre. A república está mais preto de Coiro que de Portugal, e polo momento so podemos decirlles que os corsarios teñen previsto coroar a Benito primeiro ”O Grande” como rei da república, converténdose así na primeira república con rei.
Centos de veciñas e veceiños están entre dous mares, non saben se apoiar o movento corsario é ir en contra dos seus principios, polo que o de agora a colabouración cidadá ca policía Coiro Sejuro, encabezada polo Culio, está sendo nula. Ninguén quere impoñer nada, ninguén se quere arriscar a darlle o concello o beneplácito de seguir mandando sobre a parroquia máis esquencida do morrazo.
Comentarios recentes