O SON DE CANGAS?…O SILENCIO DE CANGAS
13 04 2010
Estamos en abril de 2010, as arcas municipais están baleiras, non temos un chavo, non temos unha chica, non temos un duro, non temos un euro, non hai pan que levar a boca. O caso é que coma sempre a xuventude morracense sae perdendo.
Casa da Cultura mermada, insuficiente e con poucas ferramentas do século XXI, cunha Casa da Xuventude que parece máis ben un despacho personal, cunha sala de ensaios case pechada (algúns poden pasar), cunha piscina municipal abogada a ruína, cun plan municipal que non desde agora, dende sempre deu pena, non falemos dos plans municipais para universitarios, ciclos formativos, Escola Taller (que pasou con esto señor concelleiro), a formación é algo indiscutible señores concelleiros, e con todo isto como teñen os santos juevos de dicirnos que non temos iniciativa, que estamos apampanados, que somos carne de cañón, etc.
Xa bastante facemos con “ir tirando”. E inda por se fora pouco, o Son de Cangas 2010 parece que non arranca. Despois do Son de Cangas 2009 case que é mellor, e senón que falen algúns grupos… O caso, estamos aletargados pero non estamos mortos, calquer día espertaremos, colleremos os “amplis” enchufaremos as jitarras e reventaremos!!!!
Por que estamos ate os collóns!!!!
PD: Vexan a páxina… http://www.sondecangas.com/
Comentarios : Deixar un comentario »
Categorías : JABINETE DE CRISE
CANTANDO UNHA DE GARDEL
13 04 2010Como quen morre sen darse conta, como quen escribe por escribir ou fala por falar. Como aquela que reza, como a que pensa en branco ou simplemente existe. Como o que insulta, como o que increpa por increpar ou espera unha resposta. Como o que navega sen rumbo, como o que non ten brúxula ou mapa. Como a que colecciona odio en lugar de rosas, como a que colecciona espiñas en lugar de pétalos.
Como o que chora por non rir, como o que aguanta por aguantar. Como a que luita sen principios, como a que sigue a Vicente ou o rebaño. Como o que come sen ter gañas de comer e bebe sen ter gañas de comer (Mago). Como a que asinte e agocha a cabeza, como a que esconde o rabo ou baixa as orellas. Como o que prefire ser que estar e estar que ser, como o que vive sin vivir e o vivir é un sinvivir.
Como a que pecha o puño en alto, como a que grita ou berra. Como o que canta unha de Gardel, como que hoxe che traigo unha gardenia ou unha rosa vermella. Como a que bica a meixela amiga, como a quen non lle pesa dicir quérote ou ámote. Como o que dá unha man sen precisar que lla davolvan, como o que vive para que vivamos ou para que disfrutemos. Como a que aloumiña a túa ialma, como a que pecha os ollos para verte ou sentirte. Como que me chamo África e sinto que enfermo, como que me chamo pobreza e choro ou morro. Como a que denuncia a un animal vestido, como a que non consinte que a menosprecen ou maltraten. Como o que hoxe fotografía o teu sorriso para empapelar a parede do cuarto, como o que graba a túa voz para oila unha e outra vez no reproductor ou na memoria.
Comentarios : Deixar un comentario »
Categorías : TARDE DE DOMINGO

Comentarios recentes