O NOSO MAR

21 04 2008




RADIO TELEVISIÓN DE CANGAS

26 03 2008

Está a punto de dar comezo unha nova era na península do morrazo. Teremos un medio noso, no que as interferencias foráneas serán mínimas. Teremos unha radio, teremos unha televisión e teremos noticias nosas, reportaxes, programas semanais, etc.

Ata o momento Ocioloxía non pode avanzar máis, pero si decirvos que todo vai no camiño axeitado para que as cousas saian ben. Permanecede atentos as novas.




COUREL

19 03 2008

Ocioloxía  percorre o Courel en busca de  historias que contar!  Pero mellor que contalo é ir a visitalo.

dsc02399.jpg




CORUÑA BAÑADA POLO MAR

13 03 2008

O bravo mar do norte galego azotou con forza moitos puntos da xeografía galega. Quizáis o máis espectacular foi o acontecido na cidade herculina, onde olas de case 15 metros chegaron as rúas da cidade. Estas fotos que me pasou un amigo son un reflexo do acaecido en devandita cidade, e remítome o dito de vale máis unha imaxe que mil palabras.

coruna.jpg
coru.jpg
image008.jpg



TOM O NOSO TROVADOR DO SUR

13 03 2008

Tom é un mozo que estivo afincado en Galicia do 1999 o 2006, ano no que se muda as Baleares. Un día tiven a oportunidade de coñecer un cd seu, Modus Vivendi (cd en homenaxe o local do mismo nome onde tocou semanalmente durante varios anos), gustoume a idea de fusionar a música de autor, co flamenco do sur e máis a cultura galega. Pero mellor que contado é que o escoitedes.

Aquí vai un video dunha das súas actuacións nun local. Teño escoitado qeu Tom ten un local e organiza festas con concertos (normalmente toca el mesmo). Quen sabe, quizáis algún día vos encontrades nuha festa escoitando esta canción…




Aduaneiros sem fronteiras (II comunicado)

12 03 2008

comunicado-ii.png

Após a reacçom na rede e na comunicaçom social suscitada polo fecho do nosso site e comprovando o crescente agromar de diferentes e infundadas versons sobre o acontecido, alimentadas mesmo polas declaraçons da própria demandante em diferentes meios, vimos de decidir emitir um segundo comunicado para clarejar vários aspectos de nossa decisom. Concretamente sobre o processo encetado polo advogado de Dona Yolanda Castaño Pereira contra a nossa publicaçom, no que segundo ela própria, só se colocaram em causa apenas os comentários do site e nom o desenho gráfico de “Teu Quoque Yolanda?”. Com tal motivo, vemos-nos na obriga de publicar a carta remetida via mail polo seu advogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre, para demonstrar a ausência de veracidade nas suas declaraçons mediáticas.

Depois de traduzir a carta ao galego e compreender o seu conteúdo, solicitamos um tempo de reflexom para consultar com a nossa advogada, e depois de ser rejeitada tanto a nossa oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico como o nosso desejo de resolver o assunto entre as pessoas e nom mediante advogados, fomos requeridos por Dom Pablo Carvajal através da nossa advogada a despublicar tudo antes da próxima segunda-feira 22 de Outubro. Por umha parte doeu-nos nesta situaçom que entre criadores e criadoras galegas, se tenha que recorrer a advogados e ameaças judiciais para arranjar um problema do que nem sequer tínhamos constáncia. E por outra que se ponha em questom a sinceridade dumha decisom que foi dura de tomar polo que supom retirar da rede o trabalho de quatro anos. As acusaçons de vitimismo e reacçom desmedida estám fora de lugar: o fecho era a única medida possível para evitar um processo judicial que repercutiria muito negativamente sobre ambas as partes sem claudicar do nosso direito à liberdade de expressom. Queremos lembrar que o feche seria reversível se, como agora afirma a demandante, estivesse disposta a aceitar por escrito ou pessoalmente a nossa já reiterada oferta de retirar os comentários e manter o desenho gráfico. Nom é a nossa intençom prolongar por mais tempo esta absurda situaçom na que todos e todas podemos acabar por nos travar a língua e nos fazer sangue no principal órgao de expressom humana:
a boca.




MILLO CORVO=MEIRO

11 03 2008

Presentación do X Encontro Degustación do Millo Corvo: 08 de marzo del 2008.

Xornadas educativas cos nenos dos colexios (”Ciclo do pan”): semana do 10 ao 14 de marzo. Os cativos realizarán o “Ciclo do Pan”: debullarán as mazorcas de millo corvo, irán ao muíño a moer os grans e obter fariña e amasarán e cocerán a bola corva de porta aberta nun forno tradicional.
Obradoiros participativos: (do 24 ao 27 de marzo). Necesario inscripción.

Obradoiro de follaco: celebrarase os días 25 e 27 de marzo ás 20:00 horas

Obradoiro de cestería tradicional: celebrarase os días 24 e 26 de marzo ás 20:00 horas.

X ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO (do 28 ao 30 de marzo):

Muiñada de todo o día: 28 de marzo. O muíño da Presa (no Canudo - Bueu) permanecerá aberto e funcionando durante todo o día, e pola noite contarase con música tradicional e a degustación da tradicional queimada ás 12 da noite.

Sábado 29 de marzo.
Charla – coloquio.
A continuación celebrarase o festival “A Pan de Millo”, onde se contará coa actuación de diferentes agrupacións tanto musicais como de baile tradicional. Tamén se contará coa elaboración das recetas máis tradicionais e antergas na Ecotaberna.

X Encontro Degustación do Millo Corvo: domingo 30 de marzo. Dende as 11 da mañá contarase con múltiples actividades durante




MASSÓ E MAR

8 03 2008

Dar un paseo por Massó é achegarnos pola Rúa do Salgueirón (non polo Arrecife, eso debe quedar moi lexos, pero non en Cangas). Enfilarmos a nosa andaina deixando os lados as antigas casas dos traballadores da factoria, mentres o outro lado os frigoríficos parecen contemplar a fachada prinicipal do edificio do século pasado. Dende o lonxe xa divisamos a torreta, e podemos ler en letras azuis no seu cumio: Massó

dsc02259.jpg

Dar un paseo por Massó e ver a antiga conserveira, que antano foi unha das máis prestixiosas de Europa, custodiada pola Gardería Infantil, os vestiarios, e máis a fonte, a que de nenos chamábamos Cibeles. Moi preto están as escaleiras que levan cara o Hotel de Massó, unha casona de primeiros de século que parece resistir o embate dos tempos modernos rodeado de grandes árbores que parecen gardar os segredos deste edificio enmeigado

dsc02211.jpg

Máis adiente atopamos as antigas cetareas, e naves de almaceamente de aparellos, xusto do outro lado moi preto de onde se asenta a espectacular cheminea de Massó, que  divisa todo o territorio polo que se espallan os múltiples edificios .

dsc02151.jpg

Dar un paseo por Massó é visitar a baleira, hoxe unhas ruínas que conservan o chan de madeira, no que se despiezaban os cetaceos. Seguimos e atopamos os salazóns e o “muelle roto” no que unha pintada dí: Non o Porto!! 

dsc02077.jpg

Dar un paseo por Massó é dar un paseo pola historia viva do Concello.

dsc02106.jpg




CULTURA RURAL na SOLAINA

29 02 2008
arte-rural.jpg



SABIAS QUE?

27 01 2008
 
 
Zeltia
 
P�lulasÉ o cuarto grupo biotecnolóxico europeo. Nun país onde o investimento en I+D está pouco menos que proscrito, Zeltia figura entre as oito primeiras empresas españolas con maiores partidas para unha causa perdida: a investigación. Foi a empresa do mundo -líder mundial no descubrimento de novos fármacos de orixe mariña contra o cancro- que máis revalorizou en Bolsa no último decenio. Coa maxia do mar -onde arrinca a vida hai case 4.000 millóns de anos- a empresa fíxose cunha librería de organismos de 42.000 mostras: a estadounidense Wyeth ten a segunda, con só 3.000. Zeltia nace hai 67 anos, como escisión do laboratorio Servet en Vigo. Corría o 1942 cando salta a primeira marca comercial de éxito: o ZZ, un pesticida aínda vivo na memoria de varias xeracións, máis alá de Galiza.