Algún día xogaremos un mundial? Para min, e pra moitas galegas e galegos sería algo especial, chegar a sentir algo cando se achega un mundial ou unha eurocopa Sería fantástico viaxar polo mundo para ver xogar a selección galega. Moitos dín que non iríamos a ningures que nunca gañaríamos unha eurocopa e moito menos un munidal, e eu penso: “pois ca selección española,…, non é que gañemos todos os mundiais” Ademáis son dos que inda cree, de modo un pouco romántico, que non fai falta gañar para divertirse.
Algún día poderemos xogar ceibes, poderemos e deberemos de loitar por xogar unha previa, e por que non, xogar contra Escocia, Gales ou mesmo Portugal.
“Dende a Plataforma Medioambiental de Corrubedo, un dos moitos colectivos que onte, 4 de novembro, marcharon en Corrubedo contra a desfeita irreversíbel que pode supor o Plano Acuícola da Xunta, queremos manifestar o noso orgullo por formarmos parte da Galiza digna, da mesma que se move polo amor a terra e da mesma que se ergue por fin e para sempre nun berro colectivo contra a violación do mellor de nós, que son as nosas paisaxes, os nosos mares, os nosos cantís, as nosas tradicións, a terra galega toda.
Non imos entrar na tradicional danza de cifras post-mobilización porque calquera pode percibir que onte, en Corrubedo, no cabo verde, houbo milleiros de persoas. Foi un éxito sen precedentes nunha vila tan pequena como esta que onte, dalgún xeito, foi a capital da dignidade dun país. Todas e todos os que se achegaron onte a Corrubedo, os que encheron de orgullo térreo as rúas desta pequena vila mariñeira, eran galegas e galegos dignos cuio único obxectivo é amosar que cando o poder político non cumpre co pobo, sexa cal for a súa cor, cando os apoltronados do Hórreo traizoan o país, aí está o poder popular, a nación, para lembrarlles que é en nós, nos do común, onde reside a soberanía desta Galiza nosa. Sen nós, non hai goberno e sen nós non hai país.
E nós, o pobo soberano, o que vive a pé de rúa, dixemos onte en Corrubedo non só que o Plano Acuícola da Xunta é inaceptábel, indecente e indigno, senón que o camiño autodestrutivo emprendido polo noso goberno, non é o noso camiño. Cando milleiros de persoas de todo o país, dende Ribadeo á Guarda e dende O Courel a Corrubedo, conflúen nun afastado cabo como o noso; cando tanta xente gasta horas e horas do seu tempo en ir berrar a un dos fins da terra nosa, é que algo acontece. Cando asociacións veciñais, pobos enteiros, sindicatos, colectivos ecoloxistas, confrarías de pescadores, asociacións de mariscadoras e mergulladores, intelectuais e artistas, marchan xuntos e sen fisuras nunha causa común, é que algo moi grave acontece.
E abofé que algo moi grave acontece. O ritmo de destrución de ecosistemas, paisaxes e mesmo aldeas e tradicións é escandaloso. Nada xustifica roubar a terra ao pobo para entregarlla a empresas depredadoras. Nada xustifica privatizar o litoral ao máis puro estilo colonialista. Nada xustifica ir contra a vontade de todo un pobo.
Onte, en Corrubedo, o país galego díxolles aos seus gobernantes que xa abonda, que queremos outro modelo de desenvolvemento, que queremos conservar o pouco que nos queda, que antes cás siglas políticas, antes cós intereses económicos, está a vontade da nación, a dignidade deste curruncho do noroeste peninsular que onte, para ben ou para mal, comezou unha loita unitaria pola dignidade porque aqueles en quen confiou o seu goberno mudaron en cegos e xordos. Si, este 4 de novembro, no afastado cabo do ollar largacío que é Corrubedo, o pobo galego dixo: Galiza non se vende. E xa non pararemos, por dignidade. Parabéns a todas e todos e adiante, pois este é o camiño.”
Valoración da Plataforma Medioambiental de Corrubedo ao respecto da Marcha Nacional pola Defensa do Litoral do 4 de novembro
Un video que levaba tempo buscando, e non me dera conta que en YouTube está todo… O caso encontreino e agora quero difundilo.
Facendo honra e en forma de agradecemento a todos aqueles que limparon sen medios o fuel-oil das costas galegas, hoxe que se cumpren CINCO ANOS dende que aquel petroleiro grego naufragara no noso litoral. Este é o meu pequeno, pero grande homenaxe a resposta cívica daquel novembro de 2002, en Compostela, en Coruña, en Cangas, en Couzadoiro, en Vimianzo, en Ourense, en Vigo e Baiona, en Cambados e O Grove,…, pero tamén en Badaxoz, en Sevilla, en Bilbo, en Donosti, en Girona, en Iruña e Murcia, en Pucela, en Toledo ou mesmo en Alcorcón, en París ou Londres, en Nova Iorque, en Toquio ou Lisboa. Gracias a todos os que viñeron, non esquencemos que moitos de vós soupestes que é o importante na vida, e nos nosos miolos temos imaxes grabadas que non se podran esquencer. A rabia contida naqueles días negros trocou en solidaridade internacional, unha verdadeira empatía da cal só temos verbas de agradecemento.
TODO ESTÁ SACADO DUN BLOGUE QUE ME PARECEU INTERESANTE, SE CHE GUSTA O DISEÑO OU SIMPLEMENTE QUERES UNHA IDEA PARA FACERTE UNHA CAMISOLA OU UNHA PEGATA PÁSATE POR:
Calquer parte da nosa terra pode ser uln ugar perfecto para que se produzan esceas casi surrealistas, rozando en moitas ocasións o cantinflesco. Para que vós mesmos poidades seguir facendo alusión a cousas vistas polas nosas rúas ou os nosos bosques, aquí presento este post, por outra banda, invitovos a que me mandedes este tipo de fotografías como outros fixeron con estas que vos expoño. Anímovos a sair a rúa cunha cámara, a foto está en calquer lado (preferiblemente xa sabedes que morro polos jalpóns, pero valenme todas)
A Asociación Cultural Retrouso recibe con importantes novidades o novo curso 2007-2008. A partir de outubro, novos profesores toman as rendas das aulas de perfeccionamento do colectivo.
Guillerme Ignacio, cantador e gaiteiro de Quempallou e d’O Tear de Llerena, impartirá pandeireta e canto tradicional en Cela os mércores en dúas quendas: ás 19.30 h e ás 21.00 h, segundo o nivel do alumnado.
Alberto Costas, respectado percusionista, dará clases de iniciación e perfeccionamento de percusión os xoves, ás 20.30 horas.
Cristóbal Prieto, gaiteiro e artesán do Hío, ensinará a tocar a gaita os sábados desde as 11 horas da mañá.
Teresa Pedrouso, curtida no ensino de acordeón en conservatorio, emprende o obxectivo de crear un grupo de acordeonistas ligados ao repertorio tradicional. Será os martes ás 18 horas, con aulas de hora e media. Antes, ás 17 horas, ofrecerá, separadamente, formación de linguaxe musical.
A estrutura de baile mantense, con escolas de base nas parroquias de Ardán, Beluso e Cela e Margarita Pérez, fundadora de Andarela, como directora artística. Tamén a do coro, que seguirá ensaiando os luns ás 21 horas, baixo a batuta de Carme Pereira.
Todas as actividades musicais se realizarán no salón de actos do Centro Sociocultural de Cela, en Bueu. A medio camiño entre Bueu e Marín e a un cuarto de hora de Cangas e Moaña (por Paradela): no centro do Morrazo! (RETROUSO)
Son catro lóstregos afundidos nun lago artificial, que afogou os soños dos irmandiños no seu afán de governar onde deben. Sen embargo, cada vez que fico a cabilar en onde está o erro, non encontro outra saída. “Loitar, loitar e loitar” eran as verbas que acompañaban a aquelas noites con neboeiros, o rocío calara os osos, e o fume dos cigarros confundíase co bafo que os meus pulmóns soltaban en cada intre que respiraba.
Eran homes con medo, pero con máis fame. Eran homes con familias, que tiñan medo, Eran nenos, pero querían ser persoas cando foran vellos. Eran moitos os que xuntando as suas forzas podrían destronar o que foi posto, valga a expresión, por ORDE DIVINA.
E seguirán ouveando o pé da noite 24 noites de xullo e 25 días, seguirán moendo os dentes dos que non teñen que mascar, e xeguiránmuxindo a vaca que fraca está de tanta leite que choraron os seus tetos. Mais non calaremos endexamáis
Recent Comments