Norge Batista actúa en Bueu da man de Clubtura, outro colectivo do que xa falaremos máis adiante co fin de mostrar as diferentes asociacións que se moven dentro da nosa comarca. Esta noite teremos a oportunidade de poder disfrutar dos ritmos cubanos da man deste grupo que ven da Habana.
A entrada será de balde e a hora de comezo está pensada para as 22:30, e será na calle Pazos Fontela nº59 (Clubture)
O Sister Ray (Calle Ferrol, paralela a Avenida de Marín, local preto do Thais) será o local onde actuarán The Tumbitas, a hora de comezo está estipulada para as 22:30, e a entrada será de 3 euros.
Se queredes saber algo máis deste grupo podredes visitar http://profile.myspace.com/theetumbitas
Este vindeiro venres, se es amante da música electrónica non faltes o peche do Electro Xove, iniciativa municipal, quen ven a presentar a diferentes artistas de novas tendencias musicais, tanto vangardistas como afíns a música electrónica. Feel The Trip, http://www.feelthetrip.com/, colectivo do que xa temos falado neste blogue, ten o orgullo de volver a presentarse como “alma mater”, polo que podemos escoitar moitos dos traballos dos artistas que participarán na noite do venres no seu espazo.
Por outra banda salientar que teremos autobuses gratuitos para chegar o lugar escollido para levar a diante o que será unha noite de ritmo a base de samplers e música electrónica. O lugar escollido será o Monte Carrasco en Cangas, lugar perfecto para levar a cabo dita iniciativa, xa que a festa podrase prolongar ata altas horas sen molestar a ninguén. Energy Control porá un stand no cal podredes informaros de diferentes cuestións relacionadas con drogas, alcohol e outro tipo de consumos perxudiciais para a nosa saude, podedes visitar a súa páxina web, http://www.energycontrol.org/
A sala Molin Rouge (na praza do señel en Cangas) ten o pracer de presentar o vindeiro día 24 de agosto a dous grupos locais en concerto, sendo a hora prevista para o comezo do concerto as 22:30 . Por un lado o grupo xa consolidado Stigmatribe, que virá a presentar o novo traballo que teñen pensado sacar este mesmo ano 2007. Polo momento podedes botarlle un ollo os seus últimos temas no My Space http://www.myspace.com/stigmatribe . Stigmatribe é un grupo relativamente xove que toca tribal metal, con influencias de Pantera, Sepultura ou KTULU, sen lugar a dúbidas este grupo de Coiro, é un dos chamados a levar a bandeira do metal cangués alén das nosas fronteiras, polo que se che gusta o metal no podes faltar no c
Por outra banda, Póstuma, grupo que ben de colleitar unha moi boa crítica tralo paso polo Directo Xove, será o grupo encargado de acompañar os mozos de Coiro (Stigmatribe). Póstuma presentará temas cos que conseguiu facerse un espazo no panorama da música local. A súa xuventude non está en rifa ca súa profesionalidade, desenvolvéndose moi ben enriba do escenario. O seu estilo musical é variado seguindo un estilo metal potente e contundente. Agora deixovos o seu URL en myspace http://www.myspace.com/postuma
Concerto que promete a cargo do grupo portugués Brigada Victor Jara no Centro do Mar de Bueu. Este grupo de mozos de Coimbra, xúntanse en 1975. A partir desta data comeza unha subida expectacular da popularidade do grupo neorevolucionario, tendo hoxe a sorte de poder contar con concertos en todos os recunchos do mundo, tendo sempre moi presente a participación en concertos nunha das suas terras máis queridas “a Galiza”.
No ano 2006 edita o seu último traballo chamado “Ceia Louca”, co cal percorren todo o país veciño (Portugal) e parte das nosas terras. Ardentía (iniciativa popular e municipal do Concello de Bueu) ten o orgullo e a satisfacción (como diría Xoancarlos) de presentar o grupo luso con máis de 31 anos de concertos no seu lombo.
Para máis información non deixedes de visitalo seu espazo web http://www.brigadavictorjara.pt/25anos.htm Ademáis aquí vos deixo un “video” (máis ben un archivo de audio, que podedes ir escoitando mentres seguides navengado polo internet) para que vexades o que se presentará en Bueu o vindeiro venres.
Volve o CANJAZZ, vivindo este ano a Xº Festival Internacional de Jazz de Cangas. Os espazos acondicionados para acoll-los concertos de Jazz, serán: O Eirado do Costal e o Auditorio Municipal de Cangas. Inda que non só se limitará a estes espazos, o Canjazz deste ano presenta novas cas que intentarán levar a máis recunchos o Jazz. Por iso teremos “noites de jazz” (os días 19, 20, 24 as 22:30, concertos no Salason), pasarrúas (21, 22, 23 de 13-14h e de 20-21h), jam session (no Plantacións os días 21, 22, 23 a partir das 24h ), e de viños e jazz (No Plantacións o 19 as 13h, Ambigú o 19 as21h e na Academiao 20 e 24 as 13h). As exposicións, serán no Ambigú, dende o 19 ata o 24 de Agosto de forma continuada.
Ademáis teremos a oportunidade de escoitar no Eirado a Mr. Chacho, o día 21 as 22:30, onde presentarán un traballo composto por, saxo piano, contrabaixo e bateria. O día 22, a mesma hora podremos presenciar a Joana Machado e Alfonso País Quartet, no cal teremos a honra de escoitar a Joana na voz, acompañada de guitarra, contrabaixo e bateria.
Video de Joana Machado e Alfonso País
Por outra bando o xoves 23 de agosto as 22:30, estarán on Auditorio Municipal o Ghul Project vol. 2 que estará formado por dous saxos (alto e tenor), trompeta e trombón, piano, contrabaixo e batería.
http://www.canjazz.org/ Nesta páxina encontraredes máis información acerca da oferta que nos propón o Canjazz deste ano, que se asemella moi interesante.
Outra edición máis do Festivalinho!!! Este festival de música alternativa que se celebra todos os anos polo mes de agosto dende fai tres anos, está a ser chamado un dos clásicos nos veráns do Morrazo. O lugar de celebración da festa e a carballeira da capela de San Amaro (Aldán), lugar máis que idóneo para a “práctica” de calquer festa. O Festivalinho nace a raiz de que Terra de Sons, festival máis ambicioso que nacera xa fai uns sete anos en Aldán, perdera forza e desaparecera tralo seu máis ambicioso proxecto, o traer o grupo mestizo Ojos de Brujo. A raiz de que este festival se vira abaixo, unha serie de persoas con iniciativa e nostálxicas de que se truncara a idea do Terra de Sons, xuntáronse co propósito de facer unha festa con grupos locais, servindo de soporte mediático a músicos da comarca, facendo un festival en pequeno, de ahí o nome do festival: Festivalinho.
En poucos días publicarei o cartel xa definitivo do festival, polo de momento podemos garantir a presenza do grupo cangués Freetanga, quenes animarán moito a festa dos presentes.
O peche das Festas do Cristo en Cangas está previsto a actuación de dous grandes grupos do panorama galego. Os grupos son Ruxe Ruxe e Festicultores ( http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=184400749), quenes de bo grado sabemos que serán grupos que farán un directo contundente. Os festicultores incluso contan con algún integrante de Cangas, o batería, Gustavo, o cal vai animar máis se cabe o concerto. Para máis información podredes pasarvos pola páxina oficial do grupo http://www.ruxeruxe.com/
Co fin de que conozades un pouco mellor a estes dous grupos presentovos a continuación un par de vídeos de concertos.
Aquí presentovos un concerto dos Ruxe Ruxe + amigos
Os festicultores son o grupo que mellor se densenvolve en calquer tipo de escenario.
O vindeiro martes 14 teremos a oporutnidade de pasar unha noite o ritmo da música electrónica. DJ´s invitados a un módico prezo de 10 euros (entrada anticipada) ou 12 euros en taquilla, ámbalas duas entradas con consumición mínima. A festa terá lugar na sala de festas Tecla´s en Bueu, sala da que xa temos falado neste blogue.
Os estilos de música irán dende o house máis bailable ata os ritmos máis elécticos do techno e hardtechno. Os DJS INVITADOS serán JESÚS DEL CAMPO (Gsussindustries) e EVAN SYNTH (Ope-Music Agency), por outra banda teremos os dj´s residentes da sala, sendo unha boa oportunidade para velos nunha festa con dj´s de reconocido nome, os dj´s da casa serán IAGO PUGA e MANSON.
A festa terá comezo as 0:00 e perdurá perante toda a noite, ata as 6:00.
Recent Comments