UN ANO SEN UNHA NOITE

9 02 2008

trasno.jpgEste ano a Asociación Cultura de Mozas e Mozos de Beluso non organizará o que estaba considerado o pai dos festivais no Morrazo, A Noite do Trasno. Un festival polo que pasaron grandes grupos galegos e estranxeiros, como os Diplomáticos de Monte Alto con Souto a súa cabeza.

O botellón, a falta de axudas, as dificualtades burocráticas para conseguir permisos, o desgaste, a falta de novos membros, e máis condicionantes parecen que se xuntaron para que a plataforma de Beluso dera o comunicado que ninguén quería escoitar, pero que todos parecíamos temernos.

Chega entón un ano, ou máis en concreto un verán, sin un dos fines de semana máis importantes do almanaque morracense. Ben é certo que sempre nos quedará o Festichán, que parece que consolida cada ano o seu festival, ou o Festivalinho que nos empurra a Carballeira de San Amaro, pero tamén é certo que os tempos que corren non son optimistas para os nosos festivais. Dende Ocioloxía sempre insistimos en que un festival de balde depende da caixa que se faga nas barras da organización, e non nos botellóns paralelos. Se a isto engadimos a baixada da venta de “merchandising” estamos ante garfo sen miñoca.

trasno_2005.jpg

A suspensión da Noite do Trasno súmase a outros proxectos que quedaron no camiño, como o Herba e Son de Liméns, ou o Terra de Sons de Aldán. Pero gracias a aquelas andainas abríronse novos canles de comunicación, novas oportunidades, e sobre todo, e o que é máis importante, que a xuventude se de conta de que é posible a creación de festivais, pero que non é posible mantelos sen unha implicación do público.

Gracias Trasnos, esperamos a vosa volta no 2009!!




CONCERTO ANTIFEIXISTA EN REBOREDO CANGAS- 22/09/07

20 09 2007

Voltamos o verán con iste festival con sabor a tempada estival, podemos decir que este pode ser o peche dun verán fructífero en case tódolos sentidos. Culturalmente tivemos un verán cargadiño de cousas, teatro, música, cine, pintura, etc. Xuntos descubrimos a xente nova que se abre camiño na música como moitos dos grupos do Directo Xove ´07, e outra xente o mellor non tan nova que intda ten moitas cousas que decir, como a xente da Tuna Rastafari, da man do ex-líder de Dos Pelos Negros, Alex ou tamén coñecido como o Neto de Manoel. Precisamente este vindeiro sábado podremos escoitar   os tuneros en Reboredo. Para quen non os coñeza esta é unha magnífica oportunidade para escoitar a fusión de estilos que  non deixan indeferente a ninguén.

Soak volta a  Cangas (a terra que os viu nacer), da man de Susito Kaos, quen sen lugar a dúbidas levou adiante unha gran laboura co seu colectivo Deskarga Furtiva. O punk máis internacional do Morrazo, volverá  a traer, nesta ocasión o local da Tiradoura, ritmos punk e rock. Motor Perkins xa fixo unha pequena xira polo Morrazo, tocando en difentes puntos da nosa geografía, polo que este 22 de setembro teremos a oportunidade de escoitar un grupo ben rodado.  Tanghana Show pechan o cartel do Festival, e seguro que deixarán un bo sabor de boca, polo que invito a todo o mundo a que se achegue este vindeiro día 22 de setembro, con ganas de festa. Recordamos os asistentes que a  Tiradoura pon o servizo do público un variado “catering” a “prezos lóxicos” 




ZONA BUEU-FESTIVAL DE MÚSICA BRASILEIRA 8/09/07

6 09 2007

A sala de festas Zona de Bueu organiza un Festival de Música Brasileira o vindeiro día 8 de setembro as 0:30. Os grupos invitados para levar a diante dito festival serán dous grupos: Digital Dubs e Etacarinae, e o prezo do festival será de 4 euros.

Digital Dubs naturais de Brasil, son un grupo de dj, que mezclan música electrónica e reagge más outro tipo de estilos musicais. Mentres que Etacarnae xa se define máis por ritmos electrónicos sen olvida-las raices brasileiras misturando ritmos sudamericanos con ritmos electro.

imagen130.jpg

Para ampliar información sobre o concerto poden acudir a web do local: www.zonabueu.com




FREETANGA VILARIÑO FOLK 2007!!!!

1 09 2007

Video do festival de Vilariño deste mesmo ano. Freetanga quentando o ambiente na mesma praia onde pola noite se fan os concertos, as regueifas e demáis actividades que a Asociación O Gato oraganiza cada ano poloas mesmas datas do verán.




FESTIVALINHO 2007- “O DÍA DESPOIS”

1 09 2007

Incrible festival, un dos que máis xente congregou da historia do festival. As actuacións foron moi contundentes, deixando un bo sabor de boca. Comezou Barni Gambel como xa habíamos adiantado, e a actuación viuse cortada por unha rama, de grandes dimensións, que se precipitou no medio do público, recordamos que o Festivalinho ten lugar nunha carballeira centenaria de Aldán. O incidente saldouse con algunha magulladura, pero podemos respirar tranquilos, xa que por fortuna non hai que contar con feridos de gravidade. A actuación de Barni Gambel continuou despois de que os efectivos de Bombeiros solucionaran o accidente. Odio e Ama volveu a levantalo público facendo un concerto que o público non esquencerá, e de bo grado Odio e Ama tampouco. A Tuna Rastafari, liderada polo ex cantante de Dos Pelos Negros, Alex, conseguiu dar ca fórmula perfecta nos festivais, congregando alí onde tocan a unha serie de incondicionais que gozan con cada concerto dos “tuneros”. Por outra banda salientar que o peche viu da man de Fretanga, que volveron estar a altura das cirucunstancias, volvendo facer sonar os seus ritmos eclépticos.

Despois dos grupos, Antón Ferrari primeiro e Wetxo despois, foron os encargados de seguir ca festa, ambos dj´s, des estilos moi diferentes seguiron cun ambiente bastante máis calmado do que se respirou nos concertos.




FESTIVALINHO 2007- HOXE A GRAN CITA!!!

31 08 2007

imagen122.jpgimagen120.jpgimagen121.jpg

Aquí a camisola que podedes mercar hoxe a noite no Festivalinho, recordade qeu temén terendes, chisqueiros, chapas e máis cousiñas cas que contribuir a que este festival se poida levar  adiante moitos anos máis.




FESTIVALINHO 2007!!!!! 31/08/07 SAN AMARO-ALDÁN

28 08 2007

imagen119.jpg

No cartel tendes toda a información e o programa do Festivalinho. Recordade qeu terendes xogos populares pola tarde e un gaiteiro as 21:00, que será o inicio da música na carballeira de San Amaro. O merchandising será variado, e podremos colabourar mercando chisqueiros, camisolas, bebidas, bocadillos,  e máis cousiñas. Colaboura!!

As 22:00 dará comezo o festival co grupo moañés Barni Gambel, e seguirá o festival co resto de grupos, Odio e Amo e a Tuna Rastafari (os cales están recollendo unha magnífica crítica, facendo da actuación unha auténtica perla no escenario), pechando estará o grupo Freetanga e o seu combinado de músicas do mundo. A festa está garantida, non vos defraudará, anímense.

Seica non gustou que non nomeara en primeira instancia a tódolos grupos, por iso pido disculpas polo erro cometido, mais comprendín que sería dar datos repetitivos caendo nunha reiteración propia do fanatismo, xa que o bonito cartel que vos adxunto no post é claro é conciso, tan so faltaba engadir o cambio, alleo a organización do festival, no que se expresara a  orde de actuación dos grupos. Foi por isto e non por calquer outro tipo de maquiavelica solución polo que non escribín o nome dos grupos, que repito, estaban no cartel que adxunto, o cal non quería calcar no comentario do post. De novo disculpas públicas que espero sexan entendidas.




FESTIVALINHO 2007-SAN AMARO-ALDÁN-CANGAS. Venres 31/08/07

23 08 2007

Volve o Festivalinho a facer da capela de San Amaro (en Aldán, preto do campo de fútbol do Rápido Bahía) un lugar especial, cheo de música  e actividades da man dun grupo de mozas e mozos que fan a súa aportación nun dos veráns con máis festivais dos últimos anos qeu se lembran no Morrazo.

A carballeira de San Amaro será un ano máis testemuña dos concertos que farannos pasar unha noite chea de boa música. Os grupos que actuarán serán Barni Gambel (un dos grupos revelación neste ano 2007, polo menos pra min, veñen de Moaña e farán as delicias dos  “festivaleiros”), Freetanga (os do Forte volven con forza, demostrando que son un dos grupos de referenica no eido musical morracense, sonará de novo o “Pousa Pousa” Alternativo).

Máis información en breve. Non podedes faltar a cita co Festivalinho o vindeiro venres.




PECHE DO ELECTROXOVE 24/08/07 CANGAS

23 08 2007

Este vindeiro venres, se es amante da música electrónica non faltes o peche do Electro Xove, iniciativa municipal, quen ven a presentar a diferentes artistas de novas tendencias musicais, tanto vangardistas como afíns a música electrónica. Feel The Trip, http://www.feelthetrip.com/, colectivo do que xa temos falado neste blogue, ten o orgullo de volver a presentarse como “alma mater”, polo que podemos escoitar moitos dos traballos dos artistas que participarán na noite do venres no seu espazo.

Por outra banda salientar que teremos autobuses gratuitos para chegar o lugar escollido para levar a diante o que será unha noite de ritmo a base de samplers e música electrónica. O lugar escollido será o Monte Carrasco en Cangas, lugar perfecto para levar a cabo dita iniciativa, xa que a festa podrase prolongar ata altas horas sen molestar a ninguén. Energy Control porá un stand no cal podredes informaros de diferentes cuestións relacionadas con drogas, alcohol e outro tipo de consumos perxudiciais para  a nosa saude, podedes visitar a súa páxina web,  http://www.energycontrol.org/

 

imagen109.jpg




CANJAZZ 2007.- 19-24 de AGOSTO

15 08 2007

Volve o CANJAZZ, vivindo este ano a Xº Festival Internacional de Jazz de Cangas. Os espazos acondicionados para acoll-los concertos de Jazz, serán: O Eirado do Costal e o Auditorio Municipal de Cangas. Inda que non só se limitará a estes espazos, o Canjazz deste ano presenta novas cas que intentarán levar a máis recunchos o Jazz. Por iso teremos “noites de jazz” (os días 19, 20, 24 as 22:30, concertos no Salason), pasarrúas (21, 22, 23 de 13-14h e de 20-21h), jam session (no Plantacións os días 21, 22, 23 a partir das 24h ), e de viños e jazz (No Plantacións o 19 as 13h, Ambigú o 19 as21h e na Academiao 20 e 24 as 13h). As exposicións, serán no Ambigú, dende o 19 ata o 24 de Agosto de forma continuada.

Ademáis teremos a oportunidade de escoitar no Eirado a Mr. Chacho, o día 21 as 22:30, onde presentarán un traballo composto por, saxo piano, contrabaixo e bateria. O día 22, a mesma hora podremos presenciar a Joana Machado e Alfonso País Quartet, no cal teremos a honra de escoitar a Joana na voz, acompañada de guitarra, contrabaixo e bateria.

Video de Joana Machado e Alfonso País

Por outra bando o xoves 23 de agosto as 22:30, estarán on Auditorio Municipal o Ghul Project vol. 2 que estará formado por dous saxos (alto e tenor), trompeta e trombón, piano, contrabaixo e batería.

http://www.canjazz.org/ Nesta páxina encontraredes máis información acerca da oferta que nos propón o Canjazz deste ano, que se asemella moi interesante.