FESTIVALINHO 2007!!!!! 31/08/07
14 08 2007Outra edición máis do Festivalinho!!! Este festival de música alternativa que se celebra todos os anos polo mes de agosto dende fai tres anos, está a ser chamado un dos clásicos nos veráns do Morrazo. O lugar de celebración da festa e a carballeira da capela de San Amaro (Aldán), lugar máis que idóneo para a “práctica” de calquer festa. O Festivalinho nace a raiz de que Terra de Sons, festival máis ambicioso que nacera xa fai uns sete anos en Aldán, perdera forza e desaparecera tralo seu máis ambicioso proxecto, o traer o grupo mestizo Ojos de Brujo. A raiz de que este festival se vira abaixo, unha serie de persoas con iniciativa e nostálxicas de que se truncara a idea do Terra de Sons, xuntáronse co propósito de facer unha festa con grupos locais, servindo de soporte mediático a músicos da comarca, facendo un festival en pequeno, de ahí o nome do festival: Festivalinho.
En poucos días publicarei o cartel xa definitivo do festival, polo de momento podemos garantir a presenza do grupo cangués Freetanga, quenes animarán moito a festa dos presentes.
Categorías : CONCERTOS, FESTIVALES





Recent Comments