AMATEURS HOTEL

29 04 2008

Esto de pasear ou navegar pola web é o que ten. Un día apareces nunha desas páxinas que che fan recordar por que o de internet é un dos mellores inventos da humanidade. Xustamente isto foi o que nos pasou o día que coñecimos a Amateurs Hotel, pese o seu nome sensual e case pornográfico, Amateurs Hotel pouco, ou nada, ten que ver ca pornografía, de tódolos xeitos é un portal que seduce, e que a vez xunta os amantes da fotografia, do cine, da música, da pintura,…

Realmente interesante deixarse “seducir” polos encantos dos miles de artistas “amateurs” que deixan parte do seu legado neste portal. Animo a todos a facer o mesmo e deixar un recordo nesta web, facendo qeu a lenda de Amateurs Hotel sega “increcendo”.

A continuación deixamos algúns dos nosos preferidos…

A continuación pásovos un relato, en castelán, que me pareceu moi interesante…

Hubiera
sido divertido. Eso es todo. No es algo que me vaya a comer por dentro
mucho tiempo. Eso es todo. Aprovechar el presente. Hubiera tardado
menos en hacer las maletas de no ser porque malinterpretaba las
señales. Porque me empeñé en meter más libros que calzoncillos. Ahora
ya tengo leído todo lo que tenía por leer. Ahora ya sé por dónde salir
de esta ciudad. Fui al cine y lo que más me sedujo de la película fue,
a parte de la actriz, los créditos del final. Todo lo que salió después
del The End. Ya no se hacen películas con un The End al final. A mí me
gusta que las cosas que tienen final lo ponga bien claro. Me gustan las
cosas claras. Me gustan las maletas sin deshacer. Me gusta viajar sin
saber qué te vas a encontrar. Será divertido en todo caso. Todo lo que
queda por hacer será divertido. Compraré libros nuevos. Y colocaré The
End’s a todo cuanto vaya dejando atrás. A todo cuanto quede atrás.

E por que non un graffiti, arte na rúa…




CESAR DE CENTI

23 03 2008

Cesar de Centi, do que xa temos falado nalgunha ocasión neste portal, presenta un novo traballo na compaña de José Luís Paz. Ocioloxía invita a tódolos seguidores do blogue a escoitar os temas que colgaron no portal de MySpace.

cesar.jpg

Sen lugar a dúbidas Cesar consegue  unha vez máis, demostrar que está a altura das circunstancias, frase qeu Machado sempre reivindicou. Agora é cuestión de prestar o noso apoio a un cantautor da nosa terra. E dende Ocioloxia queremos aportar este humilde gran de area, dende aquí o nosos folgos para J.L. Paz e Cesar. Avante!!

http://www.myspace.com/principiosydeclaraciones




CALAMARO “HEROE OU VILLANO”

13 03 2008



TOM O NOSO TROVADOR DO SUR

13 03 2008

Tom é un mozo que estivo afincado en Galicia do 1999 o 2006, ano no que se muda as Baleares. Un día tiven a oportunidade de coñecer un cd seu, Modus Vivendi (cd en homenaxe o local do mismo nome onde tocou semanalmente durante varios anos), gustoume a idea de fusionar a música de autor, co flamenco do sur e máis a cultura galega. Pero mellor que contado é que o escoitedes.

Aquí vai un video dunha das súas actuacións nun local. Teño escoitado qeu Tom ten un local e organiza festas con concertos (normalmente toca el mesmo). Quen sabe, quizáis algún día vos encontrades nuha festa escoitando esta canción…




LOSDELGAS

7 01 2008

Fai pouco vin este video do grupo LosDelGas, penso que teñenun videoclip moi interesante, ademáis de ser un grupo que está recollendo moi boa crítica polo resto do Estado. Espero qeu vos guste.




HEREDEIROS: DE JALISIA O ESTRANXEIRO

17 11 2007

Esta é sin lugar a dúbidas para min a mellor canción dos Heredeiros, gostaríme moito que volvesen a tocar, unha xuntanza o estilos dos grandes, como Heroes del Silencio ou outros, eles tamén foron, son e serán os máis grandes do rock en galego.

Gracias Heredeiros!!!




BAILE E MÚSICA TRADICIONAL EN CANGAS 30/09/07

28 09 2007

imagen150.jpg

A xente que lle gusta a música e o baile tradicional galego teñen unha cita a que non poden faltar. Será o vindeiro día 30, as 20:30 no Auditorio Municipal de Cangas. E que mellor actuación que a celebración do 10º aniversario de Esta noite hai unha fia.




VOLVEN OS CONCERTOS O SALASÓN

26 09 2007

Este venres teremos foliada no Salasón, a entrada de balde, permitirá pasar unha noite cargada de música tradicional galega. O comezo está previsto as 23:00.

 E o sábado no Salasón o Ximnasio Di Som organiza unha exhibición de baile HIP-HOP,  a entrada tamén será de balde, e a actuación dará comeza a partir das 23:30.

imagen147.jpg




CONCERTO ANTIFEIXISTA EN REBOREDO CANGAS- 22/09/07

20 09 2007

Voltamos o verán con iste festival con sabor a tempada estival, podemos decir que este pode ser o peche dun verán fructífero en case tódolos sentidos. Culturalmente tivemos un verán cargadiño de cousas, teatro, música, cine, pintura, etc. Xuntos descubrimos a xente nova que se abre camiño na música como moitos dos grupos do Directo Xove ´07, e outra xente o mellor non tan nova que intda ten moitas cousas que decir, como a xente da Tuna Rastafari, da man do ex-líder de Dos Pelos Negros, Alex ou tamén coñecido como o Neto de Manoel. Precisamente este vindeiro sábado podremos escoitar   os tuneros en Reboredo. Para quen non os coñeza esta é unha magnífica oportunidade para escoitar a fusión de estilos que  non deixan indeferente a ninguén.

Soak volta a  Cangas (a terra que os viu nacer), da man de Susito Kaos, quen sen lugar a dúbidas levou adiante unha gran laboura co seu colectivo Deskarga Furtiva. O punk máis internacional do Morrazo, volverá  a traer, nesta ocasión o local da Tiradoura, ritmos punk e rock. Motor Perkins xa fixo unha pequena xira polo Morrazo, tocando en difentes puntos da nosa geografía, polo que este 22 de setembro teremos a oportunidade de escoitar un grupo ben rodado.  Tanghana Show pechan o cartel do Festival, e seguro que deixarán un bo sabor de boca, polo que invito a todo o mundo a que se achegue este vindeiro día 22 de setembro, con ganas de festa. Recordamos os asistentes que a  Tiradoura pon o servizo do público un variado “catering” a “prezos lóxicos” 




MÚSICA ELECTRÓNICA EN SALITRE (MOAÑA)- 21/09/07

14 09 2007

Gran noite para os amantes da música electrónica en Moaña. Será o vindeiro día 21 deste mes. A cita será no Salitre Club http://www.salitreclub.com e podremos escoitar en directo a artistas da talla de Oscar Mulero, Oscar Croma, Javier LG e Murdock vs. Wea.

Oscar Mulero é un dos artistas nacionais con maior palmarés no mundo da música electrónica, este madrileño foi un dos precursores nacionais alá polos anos 80 contando con diferentes traballos que tiveron gran relevancia no mundo electrónico nacional. (para máis información: http://www.clubbingspain.com/artistas.php?lng=es&id=503)

  Video en Monegros-Huesca

Oscar Croma http://www.clubbingspain.com/artistas.php?lng=es&id=502

  Video en Zeus-Monfero-A Coruña